Choque frontal entre un coche e un camión deixa dous feridos en Argalo, Noia

Os feitos ocorreron á primeira hora deste mércores, ao redor das 7:40 horas. Os dous afectados necesitaron de asistencia médica. 


|

Accidente en Noia.
Foto: EP

 

Dúas persoas resultaron feridas este mércores nunha colisión entre un coche e un camión na parroquia de Argalo, no municipio coruñés de Noia.

Segundo fontes do 112 consultadas por Europa Press, o sinistro produciuse ás 07.40 horas. Foi un particular quen alertaba á central de emerxencias de que un dos condutores necesitaba asistencia.

Até o lugar desprazáronse efectivos do parque provincial de bombeiros de Boiro, ademais de membros do GES de Noia, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Ademais, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atenderon ás dúas persoas que resultaron feridas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE