Aspirante denuncia nas xulgados irregularidades nas oposicións do Concello de Lalín
Este candidato ten experiencia en lides así. Juan Esteban Méndez Leiva, actuando entón como delegado do sindicato USO logrou que a xustiza anulase resolucións do Concello de Sada de 2020 relacionadas cunha comisión de servizo para urbanismo.
Un candidato a varios postos de traballo públicos na Oferta de Emprego Público de Estabilización de Emprego Temporal (OEPEET) 2022 do Concello de Lalín, levou este proceso selectivo á Xustiza a través da vía contenciosa administrativa. Juan Esteban Méndez Leiva pon o foco nos informes xurídicos dun "asesor xurídico externo" e a súa " consultoría".

Méndez alerta que en Lalín agora as bases son tan febles que "colocan, aos futuros titulares, na inseguridade xurídica, pola sorpresa que supón estabilizar os cargos da Administración Xeral coma se fóra da Administración Especial".
O denunciante argumenta os postos relacionados co deporte e a actividade física incluíronse en diferentes categorías profesionais, o que contradi a Lei do Deporte de Galicia. Tamén critica que para o posto de Coordinador Deportivo a única titulación válida sexa a de licenciado/a en Psicoloxía.
"Trátase dunha normativa confusa, mestura de bases xerais e específicas (Anexos), prazas de concurso con concurso-oposición, que non segue os criterios da FEGAMP", advirte o candidato. O Concello de Lalín non lle respondeu publicamente por agora.
Escribe o teu comentario