Nais e pais vs. profesores no CEIP Lamas de Abade a conta do libro electrónico da Xunta E-dixgal

O claustro, que controlan os mestres, solicitou que o colexio participe no polémico programa, a pesar de que a inmensa maioría dos proxenitores dos alumnos asinaron en contra de E-dixgal. Nais e pais contratacan cun escrito. Está por ver que fai a Xunta.


|

CEIP Lamas de Abade
#CEIP Lamas de Abade

 

 

Un grupo de pais e nais de alumnos do CEIP Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, conseguiu xa máis de 400 firmas das familias para que o centro, que conta cuns 520 nenos, para que o centro abandone 'E-Dixgal', o programa do libro dixital da Xunta.

A escrito denuncia que nos cursos onde funciona 'E-Dixgal', 5º e 6º de Educación Primaria, ofrécese un ensino "completamente dixital", onde os alumnos empregan computadores portátiles "ao redor de cinco horas diarias" máis as que empregan para facer os deberes en casa.
 

 


Gustavo Sende, pai e representante das familias no consello escolar, explica a Europa Press que a iniciativa naceu porque ven que os alumnos que pasaron á ESO no IES Lamas de Abade, que non emprega o libro dixital, "están a quedarse atrás" con respecto aos que proveñen doutros colexios.

"Entendemos que son nenos moi pequenos para ter as pantallas en clase", asevera Sende, quen tamén cualifica de "contraditorio" o emprego de 'E-Dixgal' cando "desde a propia Consellería de Educación dise que van eliminar os móbiles" en todo o horario lectivo. A todo isto suma que "houbo profesores que 'colleron' a nenos xogando nos computadores e en páxinas pornográficas".

O programa do libro electrónico é voluntario e a adhesión ou non dun centro decídeo o seu claustro. O próximo curso haberá un total de 613 centros galegos que o empreguen, 17 menos que o ano anterior ao haber retirado 23 e sumar só seis.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE