A Escola Oficial de Idiomas de Santiago podería cambiar de sede a unha facultade da USC
Hai anos que o centro se queixa de que o edificio de Vistalegre e o auxiliar do barrio de Sar resúltalle insuficiente para atender a demanda. Hoxe conseguiu o apoio da alcaldesa de Compostela para trasladar a formación a unha das facultades que perviven na Avenida de Xoán XXIII. Está por ver que responder a Xunta, de quen depende a EOI, e a Universidade.
A oferta formativa da EOI de Santiago de Compostela podería abarcar idiomas populares como inglés, francés, alemán, italiano, portugués, galego e outros.
A EOI da capital de Galicia está dividida en dúas sedes, a principal de Vistalegre e a secundaria de Instituto de Sar.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, "volverá reclamar" á Xunta a posibilidade de que puidese haber un acordo entre o Executivo autonómico e a Universidade de Santiago para que a escola oficial de idiomas poida situar nos edificios de Ciencias da Educación e Enfermaría.
Así o fixo, en declaracións os medios este martes, tras a reunión que mantivo co director da escola oficial de idiomas (#EOI), Gonzalo Constenla.
En palabras de Sanmartín, un dos "apartados máis importantes" que trataron nesa xunta foi en referencia á "insuficiencia do actual edificio" a EOI para albergar o número de alumnado que teñen actualmente distribuído en dous centros.
Con motivo desa separación en dous edificios tamén "teñen problemas de falta de espazos" que dean servizos de laboratorios, aulas insonorizadas, é dicir, "todo o que teñen que cumprir e non cumpren" por esa distribución.
Ademais, iso "supón un inconveniente" á hora de poder ter algún idioma máis que poder ofertar a unha sociedade como a compostelá que "ten tantas necesidades respecto diso de aprendizaxe de idiomas".
"Non é só que sexa unha cidade universitaria, unha cidade turística, unha cidade con importancia de hostalaría e por tanto que o estudo dos idiomas e poder incrementar ese número sería fundamental", esgrimiu Sanmartín.
Ante isto, avanzou que trasladou a Constela a súa intención de "volver reclamar" á Xunta esa posibilidade de acordo para que a zona deses edificios que a USC "ten pensando abandonar" poida acoller un edificio único da EOI.
Pola súa banda, o director da EOI agradeceu a iniciativa do Concello para poder ter un centro adaptado ás súas necesidades e á lexislación educativa da Xunta, respecto das características que teñen que ter as escolas oficiais de idiomas, que "nestes momentos non se cumpren, en moitos dos seus apartados".
A oferta formativa da EOI de Santiago de Compostela divídese en dúas modalidades:
- Modalidade oficial: dirixida a alumnado que desexa obter un título oficial da Xunta de Galicia. Os cursos organízanse en 5, 7 ou 8 cursos e 6 niveis (desde A1 até C2) do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas.
- Modalidade libre: dirixida a alumnado que desexa presentar aos exames para certificar a súa competencia nalgún ou algúns dos niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas dos idiomas ofertados na EOI de Santiago de Compostela.
OUTROS TEMAS TRATADOS
A parte desta cuestión, falaron sobre a próxima gala aRi[t]mar, un proxecto que se celebra todos os anos, sobre a música e poesía en galego e portugués.
Ademais, trataron proxectos internacionais, de proxectos de colaboración e de promoción de actividades culturais que teñan en marcha e sobre proxectos a futuro posibilidades de colaboración entre o Concello e a EOI.
Escribe o teu comentario