A familia de Óscar García Lema pide axuda urxente para localizalo tras desaparecer o mércores
A familia do educador social compostelán Óscar García Lema pide axuda urxente para tentar localizalo. A última vez que o viron foi na súa casa en Cepeda, Oza, Cacheiras, municipio de Teo, na contorna de Complexo Residencial Vitoria, preto de Santiago de Compostela.
Todas as pertenzas da desaparecido -carteira, móbil, etc.- e os seus vehículos, tanto o coche como a moto, foron localizadas no seu fogar. Onte organizouse unha primeira batida con cans nas inmediacións e por lugares que adoita frecuentar, como as cuadras dos seus cabalos, pero non se atopou rastro algún.

Óscar ten 62 anos e é bastante alto, mide 1,82 centímetros e de complexión delgada, pesa uns 85 quilogramos de peso. A última vez que se le vió foi en casa ao redor das 13 horas.
A familia denunciou a súa desaparición ás autoridades, que desde o mércores organizaron varias batidas coa participación da Garda Civil e Protección Civil, por agora sen resultados.

Escribe o teu comentario