Un incendio no exterior dunha nave en Santiago mobiliza aos servizos de emerxencia

Varios particulares deron aviso ao 112 ao redor das 09:45 horas desta mañá


|

Poligonocostavella
Rúa Castela e León no Polígono de Costa Vella, onde tivo lugar o incendio / Foto: Google Street View

Os servizos de emerxencia atópanse traballando na extinción dun incendio no interior dunha nave situada no polígono de Costa Vella, en Santiago de Compostela, concretamente na rúa Castela e León.

 

Segundo apuntaron fontes da central de emerxencias, varios particulares informaron ao 112 deste lume ao redor das 09:45 horas da mañá deste domingo. Nestas mesmas comunicacións, os alertantes sinalaban que o que ardía poderían ser anacos de espuma situados na parte de atrás desta instalación.

 

Nestes momentos, no punto están a traballar os Bombeiros de Santiago e tamén foron mobilizados efectivos da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE