Jesús Martínez Loira, un home de club, primeiro candidato a presidir o Depor

Funcionario e empresario, xa formou parte do club durante as presidencias de Augusto César Lendoiro e Tino Fernández.


|

Funcionario e empresario, xa formou parte do club durante as presidencias de Augusto César Lendoiro e Tino Fernández.


Riazor palco

Martínez Loira é o primeiro candidato a presidir o palco de Riazor / Foto RC Deportivo


As augas seguen revoltas en Riazor. Sería natural se falamos da praia; non tanto se falamos do estadio de fútbol. A espantada de Tino Fernández deu paso a unha carreira de fondo para todos aqueles que aspiren a presidir o club branquiazul, e o primeiro en poñerse na liña de saída é o funcionario da Deputación da Coruña e empresario Jesús Martínez Loira.


Martínez Loira non é un descoñecido no Deportivo. O primeiro candidato a presidir o Depor xa traballou estreitamente co club durante as presidencias de Augusto César Lendoiro e Tino Fernández, polo que sabe ben por que corredores debe moverse dentro da institución.


O funcionario xa presentou a súa candidatura coa que espera saír elixido presidente a finais de maio. Baixo o nome de ‘Lablanquiazul’, en clara alusión á camiseta, Martínez Loira emitiu un comunicado no que afirmaba que “a pedra angular deste proxecto debe ser a unión do deportivismo”. Polo momento descoñécese o seu programa e que proxecto presentará aos accionistas.


Mentres segue sen esclarecerse se Paco Zas, que xa se presentou ás eleccións fai cinco anos, e Fernando Vidal, que segue tenteando o terreo, presentarán ou non unha candidatura cada un para presidir o club, Martínez Loira mantense de momento como único candidato a menos dun mes para as eleccións. O pistoletazo de saída está preto, pero só una das rúas está ocupada. A meta sempre é Riazor.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE