Rueda amosa "absoluto respecto" polos que "piden melloras" en sanidade, pero cree que a oposición "tenta crispar"
"Dicir que nada se fai e que todo empeora é simplemente un cálculo electoral", asgura Rueda
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mostrou "absoluto respecto" por todos os que "piden melloras para a sanidade", pero acusou aos partidos políticos da oposición de pansar "clarísimamente" nas eleccións de maio e en "tentar crispar".
En declaracións aos medios durante a Feira do Cocido de Lalín, cuestionado sobre a manifestación convocada para este domingo por SOS Sanidade Pública, Rueda censurou que os partidos políticos "non está a pensar hoxe na sanidade", porque, na súa opinión, "na sanidade non se pensa un día, trabállase sempre".
Asegurou que a oposición pensa "clarísimamente" nas próximas eleccións municipais de maio e tamén en "tentar crispar", ademais de "non recoñecer absolutamente nada e falar sempre mal da sanidade en Galicia".
"Dicir que nada se fai e que todo empeora é simplemente un cálculo electoral e pensar que coa sanidade pódese xogar para outras cousas que non teñen que ver con ela. Diríalles que tivesen un pouquiño de 'sentidiño'. Está ben criticar, pero tamén está ben recibir algunha vez algunha proposta sensata", defendeu.
O presidente da Xunta demostrou así o seu "absoluto respecto" para quen pide "melloras para a sanidade". Con todo, "é o que estamos a tentar facer", salientou antes de sinalar que as medidas tomadas nos últimos meses son "pioneiras en toda España" e "serán imitadas noutras comunidades". "Iso é o que temos que facer", insistiu.
Volveu a reiterar, unha vez máis, que estamos ante un momento "moi complexo" en todas as comunidades. Nesta mesma liña, trasladou a "toda esa xente" que lles pide que melloren que están a facer "todo o posible". "Por suposto, respectamos a súa petición e o seu desexo de que as cousas melloren e niso estamos", concluíu.
Escribe o teu comentario