Galicia: na media de profesionais de Atención Primaria por habitante

A Comunidade Autónoma de Galicia, a pesar de estar na media en canto a número de profesionais contratados, é unha das comunidades de España que menos gasta en Atención Primaria por habitante


|

Archivo - Más de 2,5 millones de personas escogieron la consulta telefónica en atención primaria del Sergas en 2017
Arquivo - Sala de espera dun centro de saúde

Véñensenos frecuentemente á cabeza imaxes publicadas nos medios de comunicación de salas de urxencias colapsadas, lembramos as dificultades para obter unha cita de Atención Primaria ou a precariedade laboral para os profesionais sanitarios. Con todo, podemos dicir, atendendo ás cifras, que Galicia non é a comunidade que peores cifras alberga.

 

De feito, Galicia rolda a media en canto a número de profesionais por habitante. Na nosa comunidade autónoma, hai 1,93 profesionais de Atención Primaria por cada 1.000 habitantes. A comunidade autónoma que está na cabeza é Canarias. Na comunidade insular, hai un total de 2,39 profesionais por cada 1.000 habitantes.

 

Á cola atópanse Ceuta e Melilla (1,42 sanitarios por cada 1.000 habitantes), Baleares (1,46) e Madrid, con tan só 1,52 profesionais de Atención Primaria por cada 1.000 habitantes. Isto supón para a capital de España ter un 21,25% de sanitarios que Galicia, en relación á súa poboación.

 

 

ENFERMARÍA, A PROFESIÓN MÁIS FRECUENTE

En termos medios, en España , dentro dos profesionais de Atención Primaria, son os enfermeiros e enfermeiras aqueles que máis vemos polos centros de saúde. De media, no noso país, hai 0,7 profesionais de enfermaría por cada milleiro de habitantes.

 

Aos enfermeiros, séguenlle de cerca os médicos en número. Por cada mil habitantes, España dispón de media dun total de 0,65 médicos de familia. A estes profesionais hai que sumarlle o labor dos auxiliares administrativos (0,33) e dos auxiliares de enferemería (0,08).

 

Galicia queda de novo a moi poucas centésimas da taxa media, aínda que por baixo, no número de enfermeiros por habitante, aínda que supera á media nacional no número de médicos.

 

 

PEDIATRÍA

A pediatría é outra das grandes necesidades da poboación e pola que xa houbo numerosas protestas e mobilizacións en toda Galicia, especialmente en zonas rurais, onde hai centros de saúde que non teñen pediatra e obrigan ás familias a ter que desprazar a muncipios veciños para que os seus nenos poidan recibir atención médica.

 

Á hora de consultar os datos, a situación é similar ao resto de especialidades e profesións da saúde. Galicia atópase aproximadamente na media española. Por cada mil nenos, en Galicia hai 1,5 pediatras, mentres que este cociente na media do Estado español é de 1,3.

 

Á cola atópanse de novo Ceutra e Melilla e Madrid, cun cociente de 0,78 e 0,87 respectivamente. Pola súa banda, á cabeza está o Principado de Asturias, no que hai 1,25 pediatras por cada 1.000 nenos e Canarias, cun cociente de 1,20.

 

GALICIA, DAS COMUNIDADES CON MENOS GASTO

España gasta un total de 228,01 euros por habitante en Atención Primaria, segundo datos da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública. A maior parte das provincias superan esta media, chegando, no caso de Castela e León, a un total de 300,50 € por habitante.

 

Non é o caso de Galicia, que a pesar de atopar na media en canto número de sanitarios por habitante contratados, non gasta tanto como outras comunidades. De feito, atópase á cola en gastro sanitario, no terceiro posto (197,77 euros por habitante), tan só por encima de Baleares (190,03 euros) e Madrid, a comunidade co menor gasto (158,94 euros).

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE