Galicia arrinca este luns a administración da cuarta dose contra a covid a 21.000 usuarios de residencias

Galicia conta con 400.000 vacinas, que inclúen protección contra dúas variantes de ómicron


|

Arquivo - Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra a covid 19 en novembro de 2021.
A vacinación comezará nas residencias e centros sociosanitarios e continuará por grupos de idade nos 'vacunódromos'

Galicia arrincará este luns día 26 unha nova onda de inmunización contra a Covid-19. Como en ocasións anteriores farao comezando pola poboación máis vulnerable, os aquela que vive en residencias ou centro sociosanitarios.

 

Durante un período que Sanidade calcura dunhas dúas semanas inmunizaranse un total de 21.000 persoas. Neste caso, non se fará por orde de idade, senón por centro e avanzarase de forma simultánea en residencias das catro provincias.

 

A Consellería de Sanidade arrincará unha segunda fase da administración desta xa cuarta dose da vacina no mes de outubro. Neste momento comezará xa si a citar por idade, comezando co colectivo de persoas cidadáns maiores de 80 anos.

 

Para o grupo de 80 anos e para o seguinte, de 60 a 80, empregaranse os grandes recintos de vacinación, coñecidos como 'vacunódromos', xa que, segundo afirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dotan de máis comodidade e axilidade no proceso e facilitan cuestións loxísticas da propia vacina. No caso de persoas de menos idade, non está previsto vacinárselles.

 

O conselleiro garantiu, en todo caso, que todas as persoas que non poidan desprazarse a estes recintos contarán cunha "repesca" para que poidan vacinarse nas súas centros de saúde.
 

400.000 DOSE DE REFORZO

Segundo fontes da Consellería de Sanidade, Galicia dispón nestes momentos de 400.000 dose de vacina para este segundo reforzo da inmunización contra a Covid. Estas novas doses inclúen protección contra dúas variantes de ómicron (BA4 e BA5).

 

Nesta ocasión compaxinarase o reforzo da covid coa inmunización da gripe. Isto arrincará xa o luns nas residencias e trasladarase posteriormente aos 'vacunódromos'.

 

Isto non implica, segundo informou a Xunta, adiantar o inicio da campaña estacional contra a gripe, que empezará formalmente en outubro. Unicamente supón que as persoas citadas para a dose de reforzo contra o coronavirus, se así o desexan, poidan recibir tamén nun mesmo acto sanitario, ambas as picadas.

 

No caso da poboación en xeral, Sanidade lembrou que a cuarta dose da Covid abarcará, polo momento, a persoas a partir dos 60 anos, excepto inmunodeprimidos. Mentres tanto, a poboación diana da gripe, ademais de colectivos específicos, arrinca nos 65 anos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE