A empresa xestora da Mina de Touro interpón un recurso no TSXG para seguir adiante co proxecto denegado

A Plataforma Veciñal tacha de "greenwashing" o márketing e a publicidade que a empresa leva a cabo ao redor da explotación da mina


|

Arquivo - Terreos da mina de Touro
Arquivo - A empresa xestora da Mina de Touro interpón un recurso ao TSXG para tentar explorar a mina

A empresa Cobre San Rafael, xestora do proxecto da Mina de Touro, interpuxo un recurso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, despois de ser desestimado o primeiro recurso contencioso-administrativo que interpuxeran.

 

Así o afirmou a Plataforma Veciñal Mina de Touro, que aseguran que a empresa defende un proxecto "cualificado de inviable" e que ademais conta cunha DIA (Declaración de Impacto Ambiental) negativa que, aseguran "non é recurrible".

 

A empresa, afirmaron o colectivo de veciños, "opta por ir aos tribunais galegos, en contra dos veciños, veciñas, asociacións e a Xunta de Galicia, defendendo un proxecto cualificado de inviable pola propia administración, o que demostra, unha vez máis, que está a facer pura propaganda do festexo".

 

Csr
Extracto do recurso contencioso-adminsitrativo interposto por Cobre San Rafael ante o TSXG ante a resolución negativa do proxecto da mina
"GREENWASHING"

A Plataforma de Veciños da Mina de Touro considera o márketing e a publicidade que viran ao redor do proxecto de Cobre San Rafael un "greenwashing", ao que tachan tamén de "lavado de mala imaxe". "Dedican e empregan contías inxentes en comprar todo o que se queira vender, con tal de facer unha foto, un vídeo e un sorriso que lles faga quedar como o que non son".

 

Os veciños do muncipio de O Pino afirman que levan anos escoitando os mesmo mensaxes, nos que se promete unha minería moderna, sostible, con transparencia e boa fé e na que se atenderá á calidade das augas. Son os mesmo anos que levan os veciños manifestándose para dicir "non" á Mina de Touro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE