Alerta vermella por temporal: empeora a previsión meteorolóxica a partir da tarde do mércores

A previsión amplíase a alerta vermella para esta tarde e, para xoves, afectará a todo o litoral da Coruña. O venres a alerta vermella é para toda a costa galega.


|

Archivo - Estado del mar en Muxía debido al temporal por el que se ha activado la alerta naranja, a 3 de diciembre de 2025, en A Coruña, Galicia (España). Según la Agencia Estatal de Meteorología (Aemet), el fenómeno meteorológico adverso estará activo de
Foto: EP


Xaneiro vén cargado de avisos por tormenta. Galicia vive unha situación de inestabilidade marcada polas fortes choivas que se esperan nas próximas horas e días, especialmente a partir da tarde deste mesmo mércores. A Xunta activou a alerta vermella no litoral da Coruña, onde se espera que a situación sexa moi comprometida. No resto da costa o aviso permanece en nivel laranxa, aínda que por pouco tempo.

 

mércores 21
Previsión Meteogalicia para a tarde do mércores 21 de xaneiro

 

TEMPORAL E ALERTA VERMELLA

O escenario empeorará a medida que pasen as horas e para mañá juevese a alerta vermella comprenderá xa a todo o litoral da provincia da Coruña. Para venres a situación será aínda máis extrema e o prognóstico nestes momentos é de que a costa estará en nivel de alerta vermello este 23 de xaneiro, día no que tamén se esperan nevadas en diversos puntos da comunidade, mesmo en zonas do interior da Coruña, incluída Santiago de Compostela.

 

 

O nivel de alerta vermello establécese co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, tal e como marca a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que decretou esta situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e informado os concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
 


Segundo a Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) será a última hora da tarde cando se espera a peor parte, con mar combinada con ondas de até nove metros e vento do noroeste de forza sete.

 

Prevision AEMET
Prevision AEMET para este mércores 21 de xaneiro

 

Quedan suspendidas, por tanto, todas as actividades deportivas no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados segundo as previsións de órganos preditores, e que se poden consultar na web Deporte Galego.
 

Mapa de avisos
Previsión Meteogalicia para o xoves 22 de xaneiro


Con este parte meteorolóxico, o Goberno de Galicia lembra a importancia de manter afastado da liña de costa, isto é, diques, rompientes e paseos marítimos. Ao tempo, roga á cidadanía que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. De igual forma, lembra que se pode facer calquera consulta a través da páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), onde de actualiza puntualmente toda a información meteorolóxica. 

 

venres 23
Previsión Meteogalicia para o venres 23 de xaneiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE