Trump di que capturou a Maduro e está a ser trasladado desde Venezuela a Estados Unidos

O presidente de Estados Unidos anunciou nas súas redes socialews que o presidente de Venezuela foi capturadob e está a ser trasladado a Estados Unidos. 


|

EuropaPress 7134613 26 november 2025 us palm beach us president donald trump delivers an

Estados Unidos lanzou na madrugada deste sábado unha ofensiva militar contra obxectivos en Venezuela, nunha escalada súbita da crise que enfronta ao presidente Donald Trump co réxime de Nicolás Maduro. Trump asegurou que Maduro e a súa esposa foron capturados e sacados do país, extremo que o Goberno venezolano non confirmou. 

 

 

O presidente estadounidense ordenou ataques sobre instalacións, incluídas posicións militares dentro de Venezuela, tras semanas de aumento da presenza naval de Estados Unidos no Caribe. A operación prodúcese despois do despregamento do portaavións USS Gerald R. Ford e outros buques de guerra na zona, así como da intervención contra petroleiros e embarcacións sinaladas por Washington como vinculadas ao narcotráfico.

Trump afirmou na súa rede Truth Social que Estados Unidos “levou a cabo un gran ataque contra Venezuela e o seu líder”, e sostivo que Nicolás Maduro e a súa esposa foron “capturados e trasladados fóra do país”, sen especificar onde nin baixo que figura legal. O mandatario sinalou que na operación tamén interviñeron axencias de seguridade estadounidenses e anunciou unha comparecencia pública para ofrecer máis detalles.

Caracas denuncia “agresión gravísima”

O Goberno de Nicolás Maduro cualificou a operación como una “gravísima agresión militar” contra zonas civís e militares de Caracas e dos estados de Miranda, Aragua e A Guaira, e ordenou o despregamento da súa estrutura de defensa. As autoridades venezolanas sosteñen que o país é vítima dun ataque que viola a súa soberanía e integridade territorial e chamaron á mobilización interna fronte á ofensiva.

Na capital venezolana e os seus arredores reportáronse explosións e sobrevuelos de aeronaves a baixa altura, o que xerou escenas de tensión e medo en plena madrugada. A dimensión real dos danos e o número de vítimas ou feridos non se coñecían con claridade nas primeiras horas posteriores aos bombardeos.

 

Alerta aos cidadáns e reaccións externas

O Departamento de Estado pediu aos estadounidenses presentes en Venezuela que se refuxien onde se atopen, tras comunicar que ten constancia de explosións na zona de Caracas. Desde hai meses Washington mantiña unha recomendación de non viaxar ao país suramericano polo risco de detencións arbitrarias, violencia, terrorismo, secuestros e precariedade da rede sanitaria.

Entre as primeiras reaccións internacionais destaca a do presidente colombiano, Gustavo Petro, que denunciou que se está producindo un bombardeo sobre a capital venezolana e reclamou a reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU e da Organización de Estados Americanos para avaliar a legalidade da intervención. Outros gobernos latinoamericanos e actores internacionais expresaron rexeitamento ou preocupación, mentres se espera unha posición máis articulada da Unión Europea e de España

 

O choque entre Washington e Caracas chega tras anos de acusacións de narcotráfico contra Maduro e a súa contorna, que o dirixente venezolano nega. En 2020 un tribunal estadounidense imputouno por narcoterrorismo e o Executivo de Trump chegou a duplicar a recompensa pola súa captura até 50 millóns de dólares, a maior oferta deste tipo na historia do país. 

 

A ofensiva militar engade presión a unha crise que xa impulsara a saída de máis de oito millóns de venezolanos na última década, moitos deles con destino a España e, en particular, a comunidades como Galicia, onde a presenza de migrantes e retornados venezolanos non deixou de crecer. En cidades galegas como A Coruña, Vigo ou Ourense existe un tecido social e económico marcado por familias con dobre vínculo, galego e venezolano, que seguen con inquietude as noticias e temen novos episodios de inestabilidade.

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE