Volta ao cole con folga de profesores? STEG lanza a luva a CIG e CSIF para unir forzas e protestar xuntos

O 95% dos docentes consultados apoia arrincar o curso con protestas, mentres que cais tres de cada catro é favorable a unha folga indefinida.


|

Protesta de STEG
Protesta de STEG

 

Un milleiro de docentes responderon as preguntas do cuestionario que lles achegou o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), que esta mañá fixo públicos uns resultados que brillan pola preocupante percepción que teñen os profesores do sistema educativo galego. A análise de STEG foi a antesala das protestas celebradas ante a Consellería de Educación, que terá que lidar co descontento dos mestres tamén de face ao curso 2025/26.

 

 

UN VERÁN QUENTE

O ambiente está cargado e o verán será moi quente, tal e como escenificaron Miguel Paz, secretario de organización, e Comba Campoi, secretaria de acción sindical. Os resultados da enquisa reflicten "o sentir maioritario do profesorado galego", tanto de afiliados como non afiliados que participaron neste estudo. 

 

As conclusións son precisas: precariedade, falta de recursos e excesiva burocracia, puntos contra os que STEG leva loitando desde fai xa varios cursos, especialmente tras o que cualificaron como "o acordo da vergoña" asinado pola Xunta e os sindicatos UXT, CC.OO. e ANPE en 2023, xusto antes das eleccións galegas.
 

 

Un 86% dos mestres entende que a burocracia resulta asfixiante e "dificulta a atención ao alumnado". Ao tempo, tres de cada catro docentes cre que as horas lectivas son excesivas e que as aulas están masificadas. Máis do 60% considera que os recursos materiais e humanos nos centros escasean, así como advirten dunha insuficiencia de medios para a atención á diversidade. A continuación, pon o acento sobre a precariedade do profesorado interino e a perdida do poder adquisitivo, que cifran por encima do 20% no conxunto estatal. 

 

UNHA FOLGA EN CERNES?

O sistema, a ollos de STEG, "non coida ao profesorado nin garante o dereito a unha educación pública de calidade". Por estes motivos, o sindicato dá o primeiro paso para que o curso 25/26 arranque en Galicia con protestas, opción pola que se inclinan o 95% dos docentes consultados, mentres que o 73% vai máis aló e convida a convocar unha folga indefinida.  
 


Desde STEG non esconden o "nivel de hartazgo" que existe no sector e chaman á unidade sindical para lograr que cristalicen os obxectivos marcados, polo que convidan os sindicatos CIG e CSIF a unir nas súas reivindicacións, tal e como demanda o 86% do profesorado que participou na enquisa que recela das accións unilaterais. 

 

Huelga steg
Foto: STEG

 

"Non é momento de accións illadas; é tempo de forza conxunta, de extrategia colectiva e de intelixencia e valentía sindical", referendan desde STEG, onde esperan que os demais sindicatos atendan a unha chamada que xa deixou días de paros durante o curso 2023/24.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE