Sobe o número de doantes de medula en 1.200 persoas

Desde que en Galicia se comezaron a realizar transplantes de medula no ano 1993, son xa 4.470 as intervencións efectuadas na sanidade pública. En concreto, o pasado ano foron 10 os donadores efectivos de medula.
 


|

Xunta
 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou este domingo xunto ás súas homólogas do Medio Rural, María José Gómez, e do Mar, Marta Villaverde, na camiñada solidaria en apoio á Asociación Española contra o Cancro de Lugo.

Neste contexto, a Xunta destacou nunha nota de prensa que Galicia incorporou o ano pasado 1.258 novos donadores de medula ósea. O total inscrito dispoñible ascende a 15.442 persoas, que son aquelas que se ofrecen a facer unha doazón en caso de ser compatibles cun paciente que o necesite.

Desde que en Galicia se comezaron a realizar transplantes de medula no ano 1993, son xa 4.470 as intervencións efectuadas na sanidade pública. En concreto, o pasado ano foron 10 os donadores efectivos de medula.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE