Recoletas construirá un hospital privado no Seminario de Ourense pechando A Carmen e COSAGA

Hai anos a sanidade privada na cidade estaba en mans de médicos locais. Un investidor comprou todos os ambulatorios da urbe e agora planea unha expansión nos terreos da Igrexa no barrio de Mariñamansa pechando os centros sanitarios no centro, algo que lle permitirá reducir custos pero que implicará máis desprazamentos para enfermos e familias. 


|

Casa de Ejercicios Espirituales en el Seminario de Ourense
Casa de Exercicios Espirituais no Seminario de Ourense

 

Ourense contará cun novo hospital privado de última xeración promovido polo grupo Recoletas. A futura infraestrutura, que unificará os servizos actuais da Carmen e Cosaga, levantarase no Seminario, nos terreos da Casa de Exercicios Espirituais, tras un acordo co Bispado e co respaldo do Concello, confirmou onte o alcade de Ourense Gonzalo Pérez Jácome. 

 

"Desde o Concello congratulámonos do acordo asinado.  Desde o minuto un, os técnicos de urbanismo e un servidor, facilitamos información e posibles localizacións dispoñibles, segundo o plan actual de urbanismo", indicou o líder de Democracia Ourensá. 

 

A nova infraestrutura suporá un investimento de 40 millóns de euros, incluíndo a compra do terreo e a reforma do edificio. O solar elixido, xunto a Vistahermosa, foi un dos primeiros propostos polo Concello á empresa.

 

A localización no Seminario, que requirirá unha modificación puntual do plan urbanístico, permitirá ao grupo levantar un complexo unificado e máis moderno.

 

Mentres avanza o proceso urbanístico e administrativo, A Carmen e Cosaga seguirán operativos. Ambos os centros, que xa recibiron melloras en equipamento nos últimos anos, continuarán a súa actividade até o traslado definitivo ás novas instalacións. 


O grupo Recoletas naceu en Castela e León e creceu até converter nun dos máis importantes da sanidade privada en España. Na súa rede actual conta con sete hospitais, catorce centros médicos e cinco centros de diagnóstico, maioritariamente no norte do país. A súa chegada a Ourense produciuse coa compra dos centros A Carmen, Cosaga e Cendisa, unificando así gran parte da oferta sanitaria privada local.

 

A Carmen, fundado en 1949, é o centro médico máis antigo da cidade. Cendisa, orientado á análise e as consultas, integrouse tempo despois no Policlíncio Cosaga, a cooperativa sanitaria nada en 1985 e que xestiona o hospital da rúa Sáenz Díez. Todos eles pasaron a formar parte dunha mesma estrutura empresarial no centro da cidade que nuns anos mudarase nos arredores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE