Besteiro reclama falar claro sobre Gaza: "é un xenocidio"

O líder do PSdeG remarca que a defensa dos dereitos humanos "é unha obrigación moral" e "non pode depender de intereses xeopolíticos".


|

Archivo - El candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta de Galicia y diputado del PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, interviene durante un desayuno informativo de Fórum Europa, en el Hotel Westin Palace, a 25 de enero de 2024, en Madrid (España).
 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu "falar claro" sobre a "insoportable" invasión de Israel en Gaza: "É un xenocidio".

Nun sábado con diversas manifestacións convocadas pola plataforma Pararlaguerra.é, incluídas varias cidades galegas na que participaron diferentes cargos socialistas, o líder do PSdeG remarca que a defensa dos dereitos humanos "é unha obrigación moral" e "non pode depender de intereses xeopolíticos".

"Nenos e nenas asasinados, hospitais arrasados, familias enteiras sepultas baixo os cascallos... Non é unha operación militar, é un xenocidio", afirma o líder socialista sobre o que cualifica de "ferida aberta na conciencia da humanidade".

Incide en que "non toca mirar para outro lado, toca falar claro, toca actuar", pois "non hai xustificación posible para tanta barbarie". "Como demócratas, como representantes públicos, pero sobre todo como persoas, non podemos calar", deixa claro Besteiro.

NOVO 'DIÁLOGOS CON RAÍZ'
Noutra orde de cousas, o PSdeG informou de que o vindeiro luns, 16 de xuño, celebrará unha nova cita dos seus 'Diálogos con Raíz', neste caso en Ourense.

Profesionais e expertos abordarán a situación da saúde mental en Galicia e o papel do sistema público. O secretario xeral do PSdeG pechará esta cita.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE