Máis de mil raios caen sobre Galicia en 24 horas

As tormentas rexistradas nas últimas horas por todo o territorio galego deixaron decenas de incidencias ao longo da comunidade, con sotos alagados e cableado e árbores caídas, entre outros danos
 


|

Archivo - Vista de un rayo sobre la Torre de Hércules, a 26 de octubre de 2022, en A Coruña, Galicia (España). Situada en la costa norte de la península coruñesa, en un cerro de unos 50 metros de altitud. En sus alrededores se encuentra el Parque Escultór
 

Galicia leva rexistrados máis de 1.000 raios nas últimas 24 horas, entre a tarde do xoves e deste venres, 2 de maio, segundo os datos de Meteogalicia.

Esta situación prodúcese nunha xornada de venres de alerta amarela da Axencia Estatatal de Meteorología (Aemet) por tormentas e fortes choivas en toda a comunidade.

As tormentas rexistradas nas últimas horas por todo o territorio galego deixaron decenas de incidencias ao longo da comunidade, con sotos alagados e cableado e árbores caídas, entre outros danos.

 

 

 

 

 

 

 



Meteogalicia explica que durante o fin de semana continuarán os chuvascos tormentosos, máis intensos durante as tardes. Ademais, as temperaturas irán á baixa.

Precisamente, para este sábado, 3 de maio, Aemet activa unha alerta amarela nas provincias da Coruña e Lugo por tormentas e choivas entre as 9,00 e as 20,00 horas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE