Eixo Atlántico inaugura en Sarria unha nova edición da Feira Expocidades cun programa cheo de actividades
A VIII Edición de Expocidades conta cun nutrido programa para este fin de semana.
A localidade lucense de Sarria converteuse este venres 2 de maio en capital da cultura e o turismo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa posta en marcha da VIII Edición da Feira Expocidades do Eixo Atlántico, que se celebrará desde hoxe e até o domingo 4 de maio neste municipio.
UN FIN DE SEMANA DE CULTURA E GASTRONOMÍA
Reyes Abella, concelleira de Turismo, Claudio Garrido, alcalde de Sarria, Luís Nobre, presidente do Eixo, e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do ente transfronteirizo, foron os encargados de cortar a cinta en Sarria para dar a benvida a este evento cunha riquísima programación con actividades gastronómicas e culturais para todos os gustos e idades, pensando especialmente nos máis pequenos con distintos talleres cos que despertas a súa imaxinación ou divertir con distintos xogos.
Na súa presentación, Expocidades presentouse como un "espazo de encontro e cooperación" entre as dúas rexións, que pretenden impulsar un modelo de turismo de proximidade e que incentive a economía e cultura dos 28 municipios que participan na feira.
Ademais de pór sobre a mesa todas as virtudes existentes ao carón e outro da Raia, en Sarria tamén organizaron distintas actividades para potenciar o Camiño Francés ou o patrimonio da localidade, desde as súas atigüedades até figuas como o chocolateiro Matías López, pasando por catas de viños galegos e lusos, concertos -sendo a música un dos eixos da Expocidades, con Iria Estévez ou Louband como grandes atractivos- ou mostras de artesanía.
Escribe o teu comentario