#SOS Sanidade Pública responde ao conselleiro: "Hai motivos dabondo para manifestar pola Sanidade"

A un mes para a manifestación convocada para o próximo 6 de abril en Santiago de Compostela a plataforma reprende a Gómez Caamaño polas súas palabras.


|

Archivo - El médico y portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín, atiende a medios durante una concentración en apoyo a la Atención Primaria, convocada por la Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, a 9 de mayo de 2023, en Santiago de Compostela, A Coruñ
Foto: EP

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública replica ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que "hai motivos máis que sobrados" para a manifestación convocada para o próximo 6 de abril en Santiago de Compostela.
 

 

Gómez Caamaño dixo o pasado venres, durante a rolda de prensa para presentar as listas de espera, que os datos "non concuerdan moito" cos motivos desta protesta e que "a día de hoxe" non consideraba que houbese razóns para a mobilización.

En concreto, de acordo coas cifras oficiais dadas a coñecer o venres, a espera media para unha cirurxía no Servizo Galego de Saúde (#Sergas) situouse ao peche de 2024 en 67,1 días, un 0,4 por cento menos que un ano atrás; mentres que a demora para unha primeira consulta cun especialista baixou a 60,8 días, 12 menos.
 

Cientos de personas durante una manifestación en defensa de la sanidad pública, en el parque de la Alameda, a 4 de febrero de 2024, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). La plataf
Centos de persoas durante unha manifestación en defensa da sanidade pública, no parque da Alameda, a 4 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela


Este luns, nun comunicado, a Plataforma SOS Sanidade Pública denuncia que o conselleiro "amente" e que as listas de espera publicadas "están falseadas e non son cribles", dado que "miles de persoas enfermas" figuran nas chamadas listas 'non estruturais'.

"Estas persoas enfermas ocultas, ademais de padecer unha gran incerteza, sofren unha gran discriminación que pon en risco a súa saúde", sinala o colectivo, que insiste en que estas cifras saian á luz.

Ademais, SOS Sanidade Pública sinala que a Consellería "creou recentemente un novo protocolo para sacar das listas aos pacientes con máis de 180 días de espera" e que "rexeitan ser operados en hospitais de fóra da súa provincia".

"Señor conselleiro: hai motivos máis que sobrados para protestar e manifestar. Chamamos á cidadanía de Galicia a manifestar polo ben máis prezado que temos, que é a nosa saúde", conclúe o comunicado.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE