Resposta Feminista desde Vigo contra o ozempic: como o odio alimenta ás farmacéuticas

O odio ás persoas gordas, sobre todo mulleres, foi o acicate para unha concentración do colectivo Resposta Feminista contra o uso do Ozempic como medicamento para baixar de peso. Consideran que co uso deste produto está a reforzarse a imaxe negativa das persoas gordas dentro da sociedade. O número de receitas incrementouse até baleirar andeis nas farmacias “sen ter en conta os efectos secundarios”


|

 

Ozempic es un medicamento popular para perder peso lo que ha provocado su desabastecimiento
Ozempic é un medicamento popular para perder peso o que provocou o seu desabastecemento


 

A discriminación por gordofobia e o uso indebido de Ozempic para combater a obesidade son dous temas interconectados que reflicten a complexa relación entre a sociedade e o peso corporal. Así o día 4 de marzo, Día Mundial Contra a Obesidade, mulleres membros de Resposta Feminista reuníronse fronte ao Museo Marco de Vigo para protestar contra o uso do medicamento Ozempic como método para combater o sobrepeso e a obesidade. O propio colectivo lembra que este produto recibiu o Premio Príncipe de Asturias 2024 “non polo motivo real da súa creación: combater a diabetes”, senón por “a gran proeza de facer perder peso” ás persoas gordas. Coma se tentásese “borrar aquilo que é feo na sociedade” di Alba Cobo, membro de Reposta Feminista.


 

GORDOFOBIA 

A gordofobia, definida como o rexeitamento, odio ou discriminación cara ás persoas con corpos “non normativos”, afecto desproporcionadamente ás mulleres. Este fenómeno perpetúa estereotipos de xénero incluíndo a cosificación da muller. Alba Cobo sinala que a godofobia acentúa a presión sobre os profesionais médicos para que estes incrementen o número de receitas de Ozempic. Doutra banda, o ou a profesional médica atópase nunha posición “de poder” e expide unha receita a unha muller que “sente vulnerable” e acepta a toma da sustancia para “corrixir o feito de que sexamos gordas e encaixar nas súas moldes”.
 

 

 

 

 

A discriminación ás persoas gordas leva parella unha serie de consecuencias sobre a persoa que a sofre. En primeiro lugar, temos o aumento dos niveis de ansiedade e depresión nas persoas afectadas. Tanto o bullying escolar como o acoso no traballo fai moi difícil levar unha vida diaria normal e, sobre todo, deteriora a autoestima sobre todo de moitas mulleres quen desenvolven unha percepción negativa de si mesmas deteriorando a súa confianza persoal. Así se poden observar comportamentos como o illamento social para evitar ser xulgadas e, algo moi grave, no mundo laboral estas persoas poden ser apartadas en procesos de selección ou enviadas a postos que non estean cara ao público.

 

Ademais, a presión social acaba estender mesmo ao ámbito médico. En moitos casos, problemas de saúde son automaticamente atribuídos ao “exceso de peso” sen que medie un diagnóstico axeitado. A falta de empatía médica que ás veces se pode atopar nas consultas reforza estigmas e xera medo a buscar atención sanitaria.
 

OZEMPIC: O MILAGRE CONTRA A OBESIDADE?

A farmacéutica Novo Nordisk empezou a desenvolver en 2012 un medicamento para tratar a diabetes tipo 2, o Ozempic. No entanto, o seu compoñente activo, a semaglutida, revelouse de forma indirecta como un elemento eficaz no tratamento da obesidade. Máis probas fixeron ver que podía reducir as posibilidades de sufrir enfermidades do corazón en persoas con obesidade. Estes factores sumados han convertido ao Ozempic nunha “solución rápida” para perder peso.

 

Por citar só algúns datos observouse unha perda de peso entre o 5% e o 10% do peso corporal inicial nun ano en persoas con obesidade. Nun estudo entre 2.000 estudantes comprobouse que en 68 semanas estas persoas perderan 15kg. O medicamento actúa reducindo o apetito e crea unha maior sensación de saciedade. Do outro lado están os efectos secundarios negativos como problemas gastrointestinais, parálises do estómago, baixa presión arterial, dificultades para durmir e cefaleas. Mesmo se sinalou un fenómeno ligado a este medicamento: “cara Ozempic”, a sensación de que o rostro da persoa tratada ha envellecido ao adelgazar rapidamente.

 

 

 

 

“Non se di nada das 162 persoas que morreron en Estados Unidos a causa do Ozempic” di Cobo. A presión social e unha solución inmediata fan que o consumo se disparase e mesmo se poida estar a usar moitas veces de forma indiscriminada e sen as precaucións debidas. E isto sen abordar as raíces do por que hai persoas gordas, con obesidade mórbida ou problemas metabólicos derivados do actual ritmo de vida. Resposta Feminista fala de “infantilización” das persoas gordas, como seres de segunda e, sobre todo, as mulleres sofren dobre discriminación: por mulleres e por gordas.

 

É necesario, aseguran desde este colectivo, un cambio de actitude social ademais de que non se administre este medicamento sen supervisión médica. Doutra banda, combater a gordofobia require un cambio cultural profundo cuestionando os ideais estéticos impostos polo contexto social así como promover unha educación baseada no respecto á diversidade corporal.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE