Traballadores de Correos marcharán este 5 de marzo en Santiago en defensa das súas condicións laborais

Os carteiros galegos están convocados por CXT a unha protesta este mércores ás 12 horas na Paza Roxa compostelá.


|

481672579 1195369979261736 9014904937824735759 n
Foto: CXT Correos A Coruña

 

Os traballadores de Correos de Galicia celebrarán unha nova xornada de folga este 5 de marzo na que será a segunda data do calendario de paros convocado por CXT e iniciado a pasada semana e que pretende reverter o "empeoramento do servizo público e das condicións laborais" que vén experimentando o persoal da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

 

REDUCIÓN DE PERSOAL

O sindicato chama aos manifestantes a marchar a partir das 12 horas nas rúas de Santiago de Compostela cunha concentración na Praza Roxa da capital galega, finalizando a protesta na Dirección de Correos localizada na céntrica Rúa do Franco. Espérase unha nutrida presenza de manifestantes procedentes de distintos puntos de Galicia. 

 

GlLe OjXsAE07Eq

 

Será a antesala da gran convocatoria pensada para o vindeiro venres 14 de marzo a nivel estatal, onde desde CXT tratan de presionar para mellorar as condicións do Acordo Marco e do convenio colectivo, censurando á dirección de Correos que preside Pedro Saura a "batería de agresivas modificacións que, de levarse a cabo, suporían un gravísimo revés para os dereitos do persoal e para a prestación do servizo postal público". 

 

 

Así, das aspiracións dos dirixentes de reducir a masa salarial até un 70% nos próximos dous anos -sempre segundo o relato do sindicato- dedúcese que haberá unha destrución de entre 8.000 e 10.000 postos de traballo. Esta redución de persoal suporá de maneira lóxica "unha maior carga de traballo para o persoal restante, con zonas de repartición máis amplas e imposibles de repartir". 

 

"Supón unha estocada de morte á axeitada prestación do servizo postal público nas condicións que recolle a lei postal", aseguran desde o sindicato convocante, que precisa que mentres que en 2008 eran 66.000 carteiros en toda España, hoxe o número atópase nos 48.000, case 20.000 menos en algo máis de tres lustros. 

 

GktCZcgWYAAil1n
Foto: CXT Correos A Coruña

 

As flexibilidades horarias, a bolsa de horas ao servizo da empresa ou as retribucións variables vinculadas ao cumprimento de obxectivos son outras das propostas que espertaron a crítica de CXT, que tamén pide mellorar as condicións proposta no plan de saídas voluntarias para traballadores de máis de 61 anos. O sindicato advirte que o próximo 15 de marzo pode dar a aprobación do Acordo Marco se hai unha maioría sindical, o que achandaría o camiño a Correos para cristalizar o seu plan coa aprobación do convenio colectivo, seguramente no outono. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE