Alerta por un brote de sarna na residencia Clece Vitam Bastiagueiro de Oleiros
Varios usuarios do xeriátrico sufriron as consecuencias deste brote detectado o pasado 12 de febreiro.
Un total de catro persoas, usuarios da residencia de maiores Clece Vitam Bastiagueiro, situada no municipio coruñés de Oleiros, foron diagnosticados de sarna.
Segundo confirmou a Europa Press a Consellería de Sanidade, o brote foi declarado o pasado 12 de febreiro e os casos actuais considérase que "derivan do mesmo".
Ademais, apuntan que están en contacto coa dirección da residencia, "onde se está aplicando o protocolo de actuación e tratamento aos usuarios e profesionais do centro".
Tamén engade que realizará "seguimento e vixilancia" da situación "durante dous meses, o tempo estipulado para poder declarar controlado" o brote.
Escribe o teu comentario