Os traballadores de Correos en Santiago cargan contra "o recorte de servizos" e a "precarización laboral"

A mobilización desta mañá ante a sede de Correos na capital incrementa as tensións do colectivo.


|

Protesta ante la sede de correos de la capital gallega.
 

#CIG-Correos organizou este mércores unha concentración este mércores ante a sede da área noroeste de Correos (situada na compostelá Rúa do Franco) en defensa dun servizo postal universal "prestado desde o público e unhas condicións laborais e retributivas dignas".

A protesta, segundo trasladou, realízase en resposta ás medidas contempladas no decreto ónmibus que non recibiu luz verde na Cámara baixa e que supoñen, considera, "un recorte de servizos á cidadanía e unha precarización das condicións de traballo do persoal de Correos".
 

Huelga correos
Foto: Galiciapress


Aínda que este real decreto non foi convalidado, a CIG-Correos non dúbida que a parte referida á ampliación do Servizo Postal Universal volverá en breve ao Congreso, "coa mesma redacción, para a súa aprobación definitiva".

O secretario de Organización deste sector na CIG, Anxo Álvarez, explicou que, a diferenza do ano 2010, cando a empresa Correos foi designada polo Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero como prestadora do Servizo Postal Universal (SPU) a través dun contrato programa de 15 anos (2010-2025), neste real decreto "só reflíctese unha ampliación de cinco anos, até 2030".

"Desde a CIG preguntámonos con preocupación o porqué deste prazo tan curto, tendo en conta, ademais, que o real decreto condiciona a Correos á aprobación dun plan de persoas que suporá unha serie de recortes en persoal e unha desregulación funcional, laboral e retributiva dos traballadores e traballadoras", advirte.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE