Éowyn: Ventos case tempestuosos e fortes choivas impactarán en Galicia o venres pola tarde
A borrasca Éowyn, clasificada como unha das máis intensas da tempada, comezará a afectar a Galicia desde a madrugada do xoves ao venres. Con todo, o peor será o venres pola tarde.
Meteogalicia xa activou a alerta amarela por ventos que poderían superar os 80 quilómetros por hora no interior e noroeste da Coruña, estender ao resto da comunidade, salvo na Mariña e as montañas de Ourense, onde a alerta sobe a nivel laranxa por refachos superiores a 100 quilómetros por hora. Segundo de Escala de Beaufort, estas velocidades correspóndese a un temporal de forza 11, a un paso de ser un furacán.
Haberá tamén fortes choivas. O ente europeo meteorólogico, o ECMWF prevé acumulacións de até 50 litros en seis horas en case todo o país a partir das 3 da tarde do venres:
Para esa xornada, Meteogalicia advirte da chegada dunha fronte activa cara á noite. Pola tarde e noite as precipitacións serán intensas de oeste a leste, estima o ente da Xunta, que alerta de que " o vento soprará forte do suroeste con refachos por encima dos 70-80 km/h en todo o territorio pola tarde e superiores aos 100 km/h na Mariña e nas montañas de Ourense".
Meteogalicia estima que as peores choivas caerán na provincia da Coruña a partir das 9 da noite.
Segundo a Axencia Estatal de Meteorología (AEMET), esta borrasca foi clasificada como unha das máis intensas da tempada debido á súa rápida profundización ao atravesar o Atlántico, un fenómeno coñecido como "ciclón bomba". AEMET estima ventos sostidos de 90 quilómetros hora e ondas de seis metros, co peor a partir do tres da tarde.
A axencia estatal ha declarado alerta laranxa por temporal marítimo nas costas da Coruña e Pontevedra a partir da tarde do venres. AEMET advirte de probables refachos moi fortes na metade norte, o litoral e zonas altas do interior. Chuvascos localmente fortes e persistentes principalmente no terzo máis occidental.
O peor en teoría sufrirano as illas británicas. Os modelos falan de ventos fuertísimos alí, sostidos de case 190 quilómetros por hora con refachos de 200 quilómetros por hora. Será a borrasca máis forte en décadas na zona.
Así as cousas, hai que ter en conta que o transporte marítimo e aéreo podería sufrir importantes alteracións,.
Borrascas cada vez máis intensas: a pegada do cambio climático
O incremento na frecuencia e potencia de borrascas atlánticas como Éowyn está estreitamente vinculado aos efectos do cambio climático, segundo apuntan os científicos. A alteración das correntes oceánicas e o aumento da temperatura das augas do Atlántico contribúen a xerar sistemas de baixa presión máis intensos, que descargan choivas máis abundantes e ventos de maior forza.
Neste contexto, asociacións ecoloxistas e meteorólogos subliñaron a importancia de adoptar estratexias de mitigación e adaptación. Sinalan que é fundamental fortalecer as defensas naturais do territorio, como os ecosistemas de marismas e bosques autóctonos, e revisar a planificación urbanística en áreas vulnerables.
Escribe o teu comentario