O cura de Cuntis realizará un "acto de desagravio" ao Sacro Corazón de Jesús tras a "ofrensa" de Lalachus

Ademais, a Fundación Española de Avogados Cristiáns presentou unha denuncia contra o presidente de RTVE, José Pablo López, e Lalachus, por posibles delitos de odio e contra os sentimentos relixiosos
 


|

Lalachus
Lalachus


 

O párroco do municipio pontevedrés de Cuntis convocou un "acto de desagravio" ao Sacro Corazón de Jesús tras a "ofensa" da presentadora Laura Yustres, coñecida como Lalachus, durante as campás de TVE.

En concreto, a polémica débese a unha estampa modificada do Sacro Corazón de Jesús, onde en lugar da cara de Xesucristo aparecía a da vaquilla do programa Grand Prix de RTVE e que a presentadora mostrou á cámara durante a emisión do programa.

Por iso, mediante un comunicado en redes sociais, o cura convocou para este venres, ao finalizar a misa das 19.30 horas, un "acto de desagravio" ao Corazón de Jesús.

Ademais, a Fundación Española de Avogados Cristiáns presentou unha denuncia contra o presidente de RTVE, José Pablo López, e Lalachus, por posibles delitos de odio e contra os sentimentos relixiosos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE