O mosquito tigre forza unha rede de control entre concellos e Xunta

As densidades de mosquito atopadas este ano son menores que o ano anterior. Aínda así, hai certa expansión xeográfica, como o indica o achado de larvas nunha mostraxe activa realizado no concello do Porriño
 


|

Mosquito tigre
Mosquito tigre


 

A Consellería de Sanidade convocou o último comité técnico interdepartamental do mosquito tigre do ano 2024 que acordou traballar para deseñar unha rede de vixilancia en colaboración cos concellos, entre outras accións.

Á reunión asistiron profesionais da Rede galega de vixilancia de vectores (Regavivec) integrada polas Consellerías de Sanidade e do Medio Rural, ademais das Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.

Tamén participaron representantes doutros departamentos da Xunta, da Deputación de Pontevedra, de Sanidade Exterior e dos concellos de Moaña, Redondela, Vilaboa e, por primeira vez, do Porriño.

Segundo informou a Xunta, neste comité púxose en común, tanto por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública como por membros das universidades, os resultados da vixilancia entomolóxica realizada pola Regavivec, mediante o trampeo reforzado, así como a vixilancia entomolóxica a través do Mosquito alert, aplicación de ciencia cidadá.

As densidades de mosquito atopadas este ano son menores que o ano anterior. Aínda así, hai certa expansión xeográfica, como o indica o achado de larvas nunha mostraxe activa realizado no concello do Porriño.

Debido ás temperaturas suaves e choivas intermitentes durante o mes de novembro, este ano, ademais do pico xa coñecido durante setembro, houbo outro a finais de outubro e principios de novembro.

ACTUACIÓNS PARA O 2025
De face ao ano 2025 acordouse deseñar actuacións encamiñadas á realización de campañas de información e concienciación cidadá, traballar para deseñar unha rede de vixilancia en colaboración cos concellos e seguir fomentando diferentes tipos de colaboración cos responsables de Mosquito Alert.

Outra das accións que levarán a cabo no próximo ano será seguir traballando na implantación dos programas de xestión integrada do vector Aedes albopictus a nivel municipal co fin de tentar controlar a súa expansión.

Ademais, deixaranse as trampas situadas nos concellos que están a colaborar coa Regavivec como vixilancia sentinela durante os próximos meses e até o inicio da próxima campaña, sobre o mes de abril.

O informe anual da Rede galega de vixilancia de vectores publicarase no primeiro trimestre do ano 2025.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE