Solución para Muface? A segunda licitación do Goberno de España busca "seducir" ás aseguradoras
Despois de deixar deserta a primeira convocatoria, que Adeslas, Asisa e DKV esixisen un incremento significativo da partida e de que o Ministerio de Sanidade suxerise que o mellor era suprimir a Muface e integrar a 1,5 millóns de mutualistas na sanidade pública, agora parece que unha nova convocatoria pode desenquistar a situación que ten a miles de funcionarios en total incerteza.
As aseguradoras teñen até o próximo 15 de xaneiro para dar unha resposta ao concerto revisado para os anos 2025, 2026 e 2027. O prego de condicións xa está dispoñible no Portal de Contratacións do Estado.
O novo contrato ascende a 4.478 millóns de euros, o que supón un incremento de 957 millóns respecto ao período anterior e cun ano máis de cobertura.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress .
Escribe o teu comentario