Alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e na Mariña lucense para este domingo

Para garantir a seguridade, a Xunta informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros


|

Temporal
Temporal


 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes activou a alerta laranxa para este domingo por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña e na Mariña de Lugo.

Para garantir a seguridade, a Xunta informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteorología (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeira hora da tarde deste domingo por mar combinada do noroeste con ondas de até seis metros. Así mesmo, o resto do litoral galego estará en alerta amarela por mar combinado do noroeste con ondas de até cinco metros.

A Xunta lembrou a importancia de manter afastado da liña de costa e de extremar as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE