Investigadores melloran a predición de padecer un cancro de mama a cinco anos vista
Un novo estudo da Facultade de Medicina da Universidade de Washington en St. Louis (Estados Unidos) describe un método innovador de análise de mamografías que mellora significativamente a precisión á hora de predicir o risco de desenvolver cancro de mama nos cinco anos seguintes, o que pode axudar a previr e combater o cancro nun estadio temperán.
Utilizando até tres anos de mamografías anteriores, o novo método identificou ás persoas con alto risco de desenvolver cancro de mama cunha precisión 2,3 veces maior que o método estándar, que se basea en cuestionarios que avalían unicamente os factores de risco clínicos, como a idade, a raza e os antecedentes familiares de cancro de mama.
"Esta predición mellorada do risco tamén pode axudar á investigación ao redor da prevención, de modo que poidamos atopar mellores formas para que as mulleres que caen na categoría de alto risco reduzan o seu risco de cinco anos de desenvolver cancro de mama", detallan.
Escribe o teu comentario