Un golfiño listado morre tras varar nunha praia de Burela
Até o lugar desprazáronse membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para extraer mostras

Un exemplar de golfiño listado faleceu durante a tarde deste venres tras varar nunha praia de Burela. Até alí desprazáronse membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para extraer mostras.
Segundo informou o biólogo da Cemma Alfredo López, o animal era unha femia, medía dous metros de lonxitude e cando chegou á costa "estaba vivo, pero enfermo".
Así mesmo, alertou dos "múltiples varamientos" que se están producindo nas costas galegas. En concreto, asegurou que durante os últimos dous días contabilizaron "polo menos 15 casos" de golfiños comúns que chegan á costa mortos e "con marcas de redes".
Escribe o teu comentario