Non nos doedes libros, suplica concello de Picanya tras a campaña dunha escritora pola DANA (vídeo)
O Concello de Pincanya, Valencia, un dos afectados polas inundacións na Horta Sud de Valencia, tivo que publicar un aviso pedindo que, por favor, non se envíen libros á súa biblioteca infantil, esnaquizada pola DANA. Reacciona así a unha campaña lanzada por unha escritora, Nuria Collada, na que pedía precisamente iso, o envío de libros para repor os fondos da biblioteca.
"A biblioteca de Pincaya non está en condicións de recibir libros, nestes momentos está en obras para poder retomar a súa actividade", tivo que apuntar o municipio nas súas redes sociais. A Adminstración mostra o agradecemento aos dispostos a axudar pero reitera que "aínda non é o momento".
A reacción do municipio de produce despois de que a veciña e escritora Nuria Collado lanzase un vídeo explicando que se "perderon todos os libros de lectura" para os nenos do pobo.
A escritora fixo un chamamento para que se doasen libros infantís e xuvenís a través de Correos que, dixo, non cobraría nada polo envío. Dado a onda solidaria con Valencia tras a DANA, o vídeo, inicialmente difundido pola usuaria da a biblioteca en Instagram e Tiktok, empezou a correr como a pólvora nesa e no resto das redes sociais:
A consecuencia é que empezaron a chegar libros a eito. Tantos, que o Concello tivo que buscar un baixo a bulir para poder almacenalos todos dado que, evidentemente, a Biblioteca de Pincanya aínda non está en condicións de albergar estes volumes en condicións.
Así as cousas, tanto a Administración como a propia autora do chamamento solicitaron que non se envíen máis libros porque, segundo indica As Provincias, "fóisenos das mans" e atópanse "desbordados de libros e agarimo".
En definitiva, unha mostra máis de que a solidariedade pode resultar contraproducente cando non se organiza a través das canles oficiais, dado que as difíciles condicións sobre o terreo dificultan ás veces a xestión do material recibido.
Escribe o teu comentario