Quirónsalud A Coruña e Ecomar, xuntos para limpar as costas galegas de residuos

Alumnos do colexio Franciscano da Coruña recolleron máis de 80 quilos de lixo na praia de Santa Cristina de Oleiros.


|

Recogida residuos ecomar y Quiru00f3nsalud 2
Foto: Quirónsalud

 

O coidado e a atención do Hospital Quirónsalud A Coruña non se limita a todo canto courre entre as paredes das súas instalacións. De feito, esa preocupación pola saúde chega até o mar da man da Fundación Ecomar, coa que colabora nun programa de recollida en areais galegos para, entre todos, manter as nosas costas "limpas e libres de residuos".

 

 

A firma sanitaria participou nunha xornada centrada na protección ao medioambiente na praia de Santa Cristina, na localidade coruñesa de Oleiros con en tornoa  medio centenar de alumnos do colexio de Franciscanos da Coruña, que xunto aos seus profesores acudiron a un taller de reciclaxe e bos hábitos para coidar o mar.

 

Entre recollidas e clasificacións dos residuos os alumnos coruñeses aprenderon da importancia de "protexer o litoral dos lixos que chegan desde o mar por mor do deixamento do home na terra, como latas, plásticos, cabichas e vidros". Baixo consígnaa de que "se o tiras ao solo, tíralo ao mar", os estudantes recolleron máis de 80 quilos de residuos e 3.500 cabichas

 

Recogida residuos Ecomar y Quiru00f3nsalud
Foto: Quirónsalud

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE