Primeiro día de curso e primeira lea: volta ao cole con protesta de profesores ante a Consellería de Educación

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) e a CIG convocan aos docentes a unha mobilización este mércores ás 11 horas para denunciar o atropelado inicio de curso na comunidade.


|

Archivo - El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visita las sedes de las oposiciones de educación
Arquivo - O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez

 

Día de madrugones, mochilas cargadas de libros, reencontros, lapis afiados...e protestas. Este mércores 11 de setembro arrinca oficialmente o curso 2024/25 na comunidade educativa e faio igual que acabou o ano pasado: con polémica. As cifras xenerosas da Xunta de Galicia, que fala dun ano con marca de docentes, contrastan coa situación caótica que describen os mestres, que tras unha primeira radiografía ven non só que os avances son mínimos ou inexistentes, senón que na maioría de centros o que atopan son retrocesos. 

 

"MENTIRAS" E "MANIPULACIÓN"

Desde o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) puxéronse ao choio e xa neste primeiro día expuxeron unha mobilización ás 11 horas ante a Consellería de Educación, en Santiago de Compostela, "contra as mentiras, a manipulación e o incumprimento da Consellería". 

 

 

Tamén a CIG fixo un chamamento ao profesorado, á vez que acusa á Xunta de "manipular as cifras de contratación" e de "vender como propios programas financiados con fondos da UE e do Ministerio", como é o caso do plan PROA+.

 

 

"Queremos denunciar o nefasto inicio de curso ao que nos somete a Cosellería de Román Rodríguez", apuntan fontes sindicais, que censuran a "propaganda diaria" que lanzan desde Educación ante unha situación que, aseguran, nada ten que ver coa realidade dos docentes.

 

"Non sabemos que están a tentar, porque cunha ollada aos datos bótase por terra esa propaganda de 400 novos docentes contratados. Non sabemos moi ben a intención do que están a facer...ou si a sabemos", din desde STEG, un dos sindicatos críticos co "acordo da miseria" rubricado pola Consellería con UXT , CC.OO. e ANPE e do que os propios asinantes xa comezan a denunciar o seu incumprimento. 

 

Non son, en calquera caso, as únicas protestas de hoxe na comunidade, xa que varios centros escolares contan hoxe con soadas mobilizacións ás súas portas. É o caso do CEP Brea Segade de Rianxo, onde hoxe os docentes clamaron por un reforzo de persoal e unha maior atención sobre as escolas rurais pedindo "mestres especialistas" e "desdobre".  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE