Dous avogados reclaman á Seguridade Social 50.000 euros por "negárselles a atención en galego"
A Mesa pola Normalización Lingüística apoia aos togados que reclaman unha compensación ao Instituto Nacional da Seguridade Social.
O incumprimento da Lei Integral de Igualdade de Tratamento e non Discriminación pode saírlle moi caro ao Instituto Nacional da Seguridade Social (#INSS), que, segundo o relato de dous avogados lucenses, negou a atención en galego aos letrados como reclamaban. Por isto, os togados piden unha compensación de 50.000 euros nun caso sobre o que se pronunciou A Mesa pola Normalización Lingüística, que fixo público o seu apoio aos afectados.
E é que non é a primeira vez que sucede algo así na comunidade galega, onde ao ano rexístranse centos de incidencias neste sentido, moitas delas recollidas pola Liña do Galego, a canle da Mesa habilitado á cidadanía para que trasladen as súas denuncias en casos similares. Moitas destas consultas, unha gran maioría segundo indica a plataforma, están relacionadas coas negativas de servizos públicos e privados a prestar atención na legunda do país.
"AQUÍ SOMOS TODOS CASTELÁN-PARLANTES"
A reclamación destes profesionais lugueses está "pendente de estudo", segundo avanzan desde A Mesa, que eleva a hipotética multa até os 50.000 euros por "condutas discriminatorias graves". "Tesme que falar en castelán se queres que che responda. Aquí somos todos castelán-parlantes", aseguran os letrados, Miguel Vieito Villar e Cristina Fernández Lago, que recibiron como contestación dunha funcionaria da Delegación Provincial do INSS que lles negou a resolución dunha consulta por non dirixir a ela en castelán.
Os afectados puntualizan a "hostlidad" e "agresividade" que sufriron. "As Administracións públicas con sede no país teñen deber de dispensar un tratamento na lingua escollida polos administrados; neste caso, o galego", consideran, censurando á súa vez a "actitude e o desprezo co que fomos tratados", que tachan de ser "totalmente inaceptable". "Por desgraza, non se trata dun feito illado, senón no día a día das persoas galego-falantes", lamentan.
Marcos Maceira, presidente da Mesa, considera unha "chantaxe lingüística" o que ofrecen algunhas administracións e empresas para "forzar" aos usuarios e que "deixen de falar galego". "Vivimos nun marco legal onde teoricamente todos e todas temos dereito a utilizar o galego nas nosas relacións coas institucións públicas ou privadas, pero como na práctica estas néganse a corresponder, ese dereito non se pode exercer", critica Maceira, que pon a pelota no tellado da Xunta para que empezo a "eliminar límites" e as "coaccións que impiden levar a cabo unha vida no propio idioma".
Escribe o teu comentario