Os centros de menores en Galicia non son suficientes para cumprir coas medidas xudiciais

Traballadores de centros para menores na cidade de Ourense levan meses protestando contra a deterioración material e falta de persoal nos mesmos. Actualmente os tres centros pertencen á Xunta pero son de xestión privada. Déronse casos de denuncias pola falta dunha atención eficiente dos diferentes casos que son derivados a estes centros


|

Montealegre y Monteledo
Montealegre

 

Ourense acolle tres centros dirixidos á reeducación de menores: Monteledo, Montefiz e Montealegre. Monteledo é un centro para menores que chegan con medidas ordenadas xudicialmente. Montefiz é o único centro de menores en Galicia onde se poden aplicar medidas de reforma con tratamento terapéutico. Montealegre é un centro para persoas que están en situación de desamparo con intervención socioeducativa. Os tres centros naceron baixo a tutela da Xunta de Galicia que ao final, externalizó a xestión dos mesmos. Así tanto Monteledo como Montefiz están xestionados por Ginso e Montealegre pola Fundación Diagrama que anteriormente tamén xestionaba Monteledo. Este modelo de xestión público-privada foi criticado e chegou ao Parlamento autonómico, sobre todo no concernente ás condicións materiais e de persoal de devanditos centros e tamén a necesidade de crear un maior número de prazas para menores de idade que necesiten ingresar neste tipo de centros.

 

 

 

 


 

PRAZAS INSUFICIENTES 

O deputado do BNG, Iago Tabares, rexistraba unha iniciativa no Parlamento para pedir unha mellora dos centros de internamento de Monteledo e Montefiz. O obxectivo era cumprir coa Lei Orgánica 5/2000 que regula a responsabilidade penal dos menores. A raíz desta iniciativa está en que desde a formación nacionalista avaliouse como insuficiente o número de prazas en centros de menores localizados en Galicia. 


 

Concretando máis aínda, Tabares sinalaba que Montefiz é o único centro en Galicia para levar adiante medidas de tratamento terapéutico en réxime pecho. O caso é que o número de prazas neste centro e para este tipo de tratamento son moi escasas. “Os menores que non poden entrar en Montefiz son derivados a outros centros como o de Monteledo o cal “non pode prestar medidas terapéuticas axeitadas porque non ten as características necesarias para o cumprimento das mesmas”


 

En tal caso, desde a Consellería de Política Social responden que “Monteledo non é un centro de protección de menores, é un centro de reeducación destinado exclusivamente ao cumprimento de medidas xudiciais impostas a persoas menores de idade”. Con todo, no tocante a derivación de menores que necesiten tratamento terapéutico a outros centros, Política Social declara que “a normativa vixente, que establece que a atención específica (o internamento terapéutico) pode desenvolver en centros ou ben en unidades de atención específica integradas noutros equipamentos residenciais cuxa capacidade non pode superar as 15 prazas”.

 

 

 

 

 

XESTIÓN

Por outra banda, está a xestión privatizada destes centros que no concernente a Monteledo e Montefiz recae na Asociación para a Xestión da Integración Social (GINSO). Esta asociación forma parte de Recorra-Ginso, unha asociación que ofrece diferentes servizos de face ao menor mediante o Programa Recorra-Ginso, dirixido polo psicólogo Javier Urra, quen de 1996 a 2001 foi Defensor do Menor na Comunidade de Madrid. No caso de Montealegre é a Fundación Diagrama con sede e Murcia. 


 

“Non se pode deixar a aplicación de medidas para a reforma de menores que cometeron unha infracción a unha entidade privada, a xestión de centros para aplicar estes programas debe ser pública” engade Tabares. Tanto isto como a falta de prazas pode derivar en que un menor non cumpra as súas medidas de tratamento terapéutico nun centro especializado. Pola contra, pode ser derivado a outro centro que non conta co persoal e medidas necesarias. “Ao final, é posible que o menor acabe aos 18 anos as medidas impostas polo xuíz sen pisar un centro terapéutico” co cal, as medidas para reeducarlo non se cumpriron debidamente e si volve cometer unha falta irá directamente a un centro penal.

 

 

 

 


 

“Falta persoal especializado, o de seguridade non figura no contrato coa Xunta” di Encarnación Sueiro, nai dun usuario de Monteledo ao cal o xuíz ordenou internar nun centro de tratamento terapéutico, neste caso Montefiz. Segundo Encarnación Sueiro “alí (Monteledo) non hai tratamento terapéutico e no DOG 214 do 10 de novembro de 2023 só figuran medidas educativas, non terapéuticas”. O caso de Sueiro saltou á luz en xullo deste ano. En decembro de 2023 un cinco novos protestaron polas condicións do centro. “A Xunta debe pasar unha inspección nos tres centros porque están a decaer”.


 

Desde Política Social, en relación ao caso de Sueiro, a resposta foi que o centro de Monteledo conta co persoal especializado necesario: psicoloxía, psiquiatría e enfermaría. “Por tanto, é falso o que afirma a nai: o mozo (maior de idade) si que recibe o internamieto terapéutico que establece a sentenza xudicial” que ditaminou no seu momento o xulgado.


 

Considérase necesaria unha intervención sobre os centros de menores en toda Galicia. A xestión público-privada non funciona para determinados grupos políticos e sociais, por tanto, reclaman a xestión totalmente pública dos mesmos. A isto engádeselle a perentoria necesidade de aumentar o persoal (en todas as áreas) e a mellora das diferentes instalacións existentes por parte da Xunta.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE