O SERGAS di que buscará unha solución aos contratos por horas dos celadores de Pontevedra

#CIG-Saúde na área Pontevedra-O Salnés denunciou o pasado mércores que a xerencia trata “de incumprir os acordos alcanzados en reunións da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria”


|

Medio centenar de personas se concentra en el Hospital do Salnés para reivindicar "un mínimo de 10 celadores más"
Medio centenar de persoas concéntrase no Hospital do Salnés para reivindicar "un mínimo de 10 celadores máis"


A xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés respondeu este pasado xoves ás críticas realizadas pola central CIG-Saúde sobre o incumprimento dos acordos alcanzados na contratación por horas de celadores. O xerente da área sanitaria, José Flores, asegurou que xa se transmitiu aos representantes sindicais a implementación de medidas para unha solución “inmediata” aos problemas relacionados con este tipo de contratación.

 

José Flores declaraba este xoves que houbo unha reunión recente cos representantes sindicais “na que se mostrou o desacordo coa contratación por horas e que se lle ía a pór solución”. É por isto que Floré di non entender que se realice unha demanda por parte das forzas sindicais “máis aló” da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria “cando xa se chegou a un acordo para que isto non siga sucedendo”

 

 

 

 

 

En concreto, CIG-Saúde emitiu unha nota de prensa o mércores 22 de maio unha nota de prensa denunciando que a Xerencia estaba a incumprir “os acordos alcanzados en reunións da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria”, feito que motivou a resposta de Flores.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE