O Beatout regresa a Coruña tras un lustro co rap por bandeira: Recycled J, Fernando Costa, Ergo Prol, Kyr4...
A cita, con edicións en 2017 e 2018, regresa á cidade herculina tras cinco anos de ausencia cun gran cartel.
Cinco anos poden non parecer tantos, pero si botamos a vista atrás cambiaron moitas cousas nese tempo. Unha pandemia mundial, unha guerra no corazón de Europa...asuntos que preocupan e que dan para moita literatura e letras. É o tempo no que o Beatout estivo ausente na Coruña. Un festival que naceu cun claro selo urban e que neste 2023 proxecta volver pola porta grande co máis nutrido do rap, reunindo na cidade herculina se cadra da cultura hip-hop.
A cita será o próximo 13 de maio en ExpoCoruña. Coas entradas xa á venda e ao redor dun terzo do aforamento completado, os boletos están a voar a medida que se van dando a coñecer máis detalles do cartel que protagonizará este esperado regreso, despois dun lustro cos micrófonos apagados pero cos cadernos cheos de páxinas e páxinas de rimas.

Hoke & Louis Amoeba foron a primeira confirmación do Beaout, que pouco despois sumou a Fernando Costa e Recycled J á lista de artistas, dous nomes de primerísimo nivel e vangarda do rap en España. Nas últimas seamanas sumouse sabia nova a esta terceira edición do festival, coa Mafia Gregoriana de Ergo Prol e Ill Pekeño. Hoxe confirmáronse dúas novas incorporacións: o madrileño Reality e a local Kyr4, a primeira voz feminina desta edición que pode gardar máis sorpresas. Rap só na cidade herculina, que ten de volta a un dos seus eventos musicais máis ilustres.
Escribe o teu comentario