Os sindicatos foron avisados pola Xerencia do CHOP que se buscaría unha solución aos contratos por horas
#CIG-Saúde na área Pontevedra-O Salnés denunciou o pasado mércores que a xerencia trata “de incumprir os acordos alcanzados en reunións da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria”
A xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés respondeu este pasado xoves ás críticas realizadas pola central CIG-Saúde sobre o incumprimento dos acordos alcanzados na contratación por horas de celadores. O xerente da área sanitaria, José Flores, asegurou que xa se transmitiu aos representantes sindicais a implementación de medidas para unha solución “inmediata” aos problemas relacionados con este tipo de contratación.
José Flores declaraba este xoves que houbo unha reunión recente cos representantes sindicais “na que se mostrou o desacordo coa contratación por horas e que se lle ía a pór solución”. É por isto que Flores di non entender que se realice unha demanda por parte das forzas sindicais “máis aló” da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria “cando xa se chegou a un acordo para que isto non siga sucedendo”
En concreto, CIG-Saúde emitiu unha nota de prensa o mércores 22 de maio unha nota de prensa denunciando que a Xerencia estaba a incumprir “os acordos alcanzados en reunións da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria”, feito que motivou a resposta de Flores.
Escribe o teu comentario