AstraZeneca admite, tres anos despois, que a súa vacina contra a Covid pode provocar trombos

A farmacéutica admite que "en casos moi raros" poden experimentar efectos secundarios como trombosis. 


|

Astrazeneca
AstraZeneca

 

AstraZeneca admitiu por primeira vez que a súa vacina contra o Covid 19 pode provocar efectos secundarios como trombosis en "casos moi raros", nun documento legal presentado ante o Tribunal Superior de Reino Unido en febreiro, segundo indica o xornal The Telegraph.

Esta afirmación por parte da farmacéutica prodúcese no marco dun proceso xudicial do Tribunal Supremo inglés, que ten aberta unha demanda colectiva aberta na que 51 casos de vítimas e familiares reclaman a AstraZeneca até 100 millóns de libras por danos e prexuízos polos efectos secundarios da vacina.

Un dos efectos é a síndrome de trombosis con trombocitopenia, que é un coágulo nos vasos sanguíneos do cerebro, pernas ou noutra parte do corpo.

AstraZeneca rexeita agora as afirmacións que recollen as denuncias pero acepta, con todo, que as súas doses "poden, en casos moi raros, causar trombosis". Precisamente os avogados dos denunciantes argumentan que a vacina, desenvolvida xunto coa Universidade de Oxford, "tivo un efecto devastado a un pequeno número de familias".

Un dos primeiros casos en xudicializar foi o de Jaime Scott, quen quedou cunha lesión cerebral permanente tras sufrir un coágulo e unha hemorraxia no cerebro que lle impediu traballar despois de recibir a vacina de AstraZeneca en abril de 2021.

En maio de 2023, AstraZeneca, tamén mediante resposta xudicial, contestou que non aceptaba a tese de que o caso de Scott fose causado pola súa vacina.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE