FAIA: o ritmo que as nais e avoas galegas metéronnos dentro

A música que levamos dentro é aquela que escoitamos cantar ás nosas avoas e nais nos espazos domésticos; aquela que escoitamos de raspallón nun bar; os cantares que se coan desde a casa do veciño.". Son palabras de Raso Estudo, que lanza o disco, primeiro da artista Faia Díaz Novo,  xa editado en vinilo en 2019.


|

Poucas veces pódese escoitar música tan humana e feminina como "Ao Cabo de Leirín" de FAIA. E neste caso tan humanamente galega, pois música e letras proveñen case sempre de cancións tradicionais cantadas por mulleres. O que non quere dicir obsoletas, como demostra a arriscada produción de Hevi, a alma máter do premiado rap de Malandrómena.


FAIA



En tempos onde todos lanzamentos, por moi indies que parezan, están sobrecargados de produción, "Ao Cabo de Leirín" sorprende pola súa crueza. Todo está gravado en directo, sen apenas arranxos nin instrumentos, en espazos tan naturais e tan diversos como unha taberna, un armario ou á calor dunha cheminea. Á fin e ao cabo, que mellor fondo para unha canción de desamor que o ruído dun bar?


O resultado é máxico. "A música que levamos dentro non é aquela que descubrimos na última playlist de moda, ou naquel festival de masas de quenda. A música que levamos dentro é aquela que escoitamos cantar ás nosas avoas e nais nos espazos domésticos; aquela que escoitamos de raspallón nun bar; os cantares que se coan desde a casa do veciño".  


Son palabras de Raso Estudo, que lanza o disco, primeiro da artista Faia Díaz Novo,  xa editado en vinilo en 2019. Agora está dispoñible en todas as plataformas dixitais, como Bandcamp:







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE