Alerta por temporal en toda Galicia pola influencia da borrasca Nelson, que marcará a Semana Santa

As precipitacións serán unha constante esta semana Santa, onde as temperaturas serán impropias da época.


|

WMSServer (2)
Foto: Meteogalicia

 

 

Semana Santa pasada por auga en toda Galicia pola presenza da borrasca Nelson na comunidade. O cambio de temperaturas con respecto ao pasado fin de semana farase cada vez máis evidente a medida que avanzamos na festividade, marcada pola choiva e o temporal costeiro, que deixará ao litoral en alerta laranxa case por completo.

 

A alerta laranxa que loce hoxe a costa da Coruña e Pontevedra permanecerá activada até mañá, mentres que a Mariña lucense estará en alerta amarela. O interior, pola súa banda, estará en alerta amarela na súa totalidade, tal e como detallan desde Meteogalicia, por ventos que poderían alcanzar os 80 km/h.

 

Será especialmente forte o vento a partir das 9 horas, o que dificultará o tráfico ao combinar coas precipitacións que se esperan en todo o territorio. Espérase que na costa as ondas poidan alcanzar até os sete metros de altura, con ventos de forza 7 ou 8 nalgúns puntos, algo que se repetirá tamén durante o Xoves Santo, para cando a Aemet previu unha alerta amarela por acumulación de lluviar no interior de Pontevedra

 

No que ás temperaturas refírese, os termómetros marcarán valores máis baixos do habitual para o inicio da primavera. Así, esta madrugada o mercurio caeu por baixo dos -7ºC en zonas do interior ourensán e a alta Montaña. Na Veiga o rexistro foi de -7,7ºC, mentres que na cabeza de Manzaneda quedou nos -6,9ºC. Tamén as nevadas en zonas como Pedrafita marcarán esta semana Santa. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE