A área Sanitaria de Ferrol e a Universidade da Coruña colaborarán no ámbito da biomecánica


|

Hospital Ferrol
Hospital Ferrol

 

Profesionais da área Sanitaria de Ferrol e integrantes do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica da Universidade da Coruña (UDC) reuníronse este xoves no Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol para compartir ideas sobre os avances que poden producir de forma conxunta no ámbito da biomecánica.

Segundo trasladou a Xunta a través dun comunicado, esta é a segunda reunión no marco do Convenio trilateral entre a UDC, o Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e Deseño (CIS Ferrol) e a área Sanitaria de Ferrol, asinado o pasado mes de setembro e que ten como principal obxectivo realizar proxectos de innovación e investigación conxuntos.

As tres institucións que participan contan con diversas temáticas de influencia, nas que poden xurdir proxectos das áreas de realidade virtual e aumentada, así como de materiais de impresión 3D, ou a actual de biomecánica. Ademais, as reunións son de carácter multidisciplinar e contan coa presenza de diferentes expertos enxeñeiros e sanitarios.

PROXECTOS CONXUNTOS
Nesta última reunión, o Laboratorio de Enxeñería ensinoulle aos sanitarios distintos proxectos nos que están a traballar sobre cálculos na análise de marcha e de movemento, de modelado e de simulación musculoesquelética e de sensorización biomédica, que serven, entre outras cousas, para realizar estimacións e medicións a nivel de equilibrio e forza muscular, así como para implementar sistemas de axuda ao movemento.

Pola súa banda, os sanitarios puideron ver este punto de partida e debater sobre futuras aplicacións nos seus ámbitos, como sistemas de apoio nos procesos de rehabilitación e fisioterapia, e control de movementos en patoloxías con afectación ou trastornos motoros, no campo da neurología.

Actualmente hai varias áreas concretas de colaboración definidas no convenio, como as de aplicacións de modelado 3D sobre imaxe médica e proxectos de desenvolvemento de aplicacións de biomecánica. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE