Carta do Defensor do Paciente a Rueda polos case 800.000 euros que destina Sanidade a pagar sacerdotes

A organización denuncia o uso de fondos públicos para sufragar estes servizos cando a sanidade galega conta con diversas carencias. 


|

Alfonso rueda
Foto: Xunta.gal

 

Os orzamentos da Xunta de Galicia seguen a súa tramitación imparable no Parlamento de Galicia. A maioría absoluta da que goza o Partido Popular no hemiciclo non suporá un problema para os intereses do Goberno galego despois de ver como caían as emendas da oposición ás contas que serán aprobadas dentro dun mes aproximadamente nos que serán os segundos orzamentos de Alfonso Rueda e os últimos antes das eleccións. Con todo, chamaron a atención algunhas partidas dos orzamentos, como os preto de 800.000 euros que se destinarán desde o SERGAS aos sacerdotes.

 

O pago aos servizos dos curas é polo acompañamento a enfermos e darlles a extremaunción a aqueles pacientes que a solicitan. En total, e segundo as informacións, este orzamento sufragará a 53 relixiosos das sete áreas sanitarias galegas. Un calculo rápido precísanos que cada un deles percibiría 15.094 euros ao finalizar o ano, pero hai que ter en conta que dese máis de medio centenar 41 teñen dedicación exclusiva e 11 están media xornada, mentres que un figura como persoal laboral. 

 

Desta forma, os curas a tempo completo recibirán 16,149,32 euros, mentres que os emolumentos dos que se atopan a media xornada ascenderán a 8.074,96. O relixioso cunha categoría distinta ten un salario superior ás 18.000 euros. A este salario hai que engadir o que perciben das súas respectivas parroquias e dos outros oficios.


A presenza de curas nos hospitais é algo que se remonta moitas décadas atrás, pero hai que ir a 1995, co Manuel Fraga no Goberno da Xunta e con Alberto Núñez Feijóo, hoxe presidente dos populares, á fronte do SERGAS, para atopar o documento que asinaron o Goberno de Galicia e a Igrexa para a continuidade desta relación, que reportou pingües beneficios aos curas, que viu incrementar a partida nos últimos anos e axustar á subida do IPC. 

 

"A IGREXA TEN O seu PROPIO FINANCIAMENTO"

Esta alianza espertou o malestar do Defensor do Pobo, que remitiu unha carta a Alfonso Rueda mostrando o seu descontento con este investimento que podería destinar á contratación de máis persoal, na mellora das infraestruturas ou na compra de material sanitario moderno. No seu escrito, para que "tome conciencia da gravidade da súa acción", critica "a desviación de fondos públicos" a "algo que non debe ser sufragado pola sanidade pública". 

 

"Máxime cando hai deficiencias graves na sanidade, dependencia, educación...", reprenden, á vez que citan situacións como as longas listas de espera. "A igrexa ten o seu propio financiamento e a súa propia forma de actuar segundo o seu credo, como é atender aos enfermos sen que isto sexa pagado e menos polos cidadáns que  queren que o seu diñeiro vaia ás melloras sanitarias, de dependencia ou para cubrir as necesidades dos que máis os necesitan", apostilan na súa misiva. 

 

"Pedimos seriedade, sentido da responsabilidade, empatía cos que máis necesitan, os curas teñen comida, teito e, que saibamos non pagan, nin impostos nin teñen hipotecas", inciden.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE