(VIDEOCLIP) Filloas, a última gran sensanción da música galega, prepara un gran concerto para despedir o ano
A formación prepara un gran concerto en Vigo o próximo 15 de decembro como colofón a un gran ano.
Dun tempo para acó, as filloas, saben a música. Este prato, a quintaesencia da tradición e a gastronomía galega, dá nome á última revolución da música do país, un proxecto de música urbana que se abriu paso no panorama musical, cuns ritmos que atrapan e que supoñen unha bocanada de aire fresco á escena galega.
Cun estilo moi propio que cabalga entre o tecno, o pop, o punk e a electrónica, Filloas propón para o venres 15 de decembro ás 21:30 horas na Sala Kiminsky de Vigo un "novo formato de directo". 'Filloas: salva Vigo polo Nadal (outra vez)' é a invitación de Iago Galego Ferreiro, ataviado coa súa camiseta do Coruxo, para este gran concerto co que pecha un ano para o recordo na formación, que actuou no Festival da Luz en Boimorto ou no Emigrason de Bruxelas.

"Será evento incrible e unha auténtica festa", avanzan. A presentación do disco foi a gran motivación de Filloas este 2023, que pechan ao grande pero coa promesa de que en 2024 regresarán con máis e mellor música coa que pór a bailar até ao máis pintado.
Escribe o teu comentario