Hostaleiros de Santiago reclaman a retirada da instrución técnica de medidas de seguridade municipal

Consideran que a hostalaría é "unha peza crave do PIB" de Santiago


|

FOTO REUNION 3H3
Reunión da Asociación Hostalaría Compostela

A Asociación Hostalaría Compostela xunto coa Asociación Bares, Pubs e Discotecas Compostela e Hostalaria.gal han realizaodo unha reclamación ao Concello de Santiago para a retirada da instrución técnica de medidas de seguridade en locais de hostalaría e de lecer da capital galega.

 

Nun comunicado conjutno, a hostaleiros demanda ao Executivo de Goretti Sanmartín que escoita as súas demandas e que emende "as lecturas erróneas da realidade".

 

Piden así renovar a Instrución 2/2023 e actuar con dilixencia na reapertura dos locais pechos. Cren que o goberno local debe valorar para que o departamento de Urbanismo actúe con criterios "racionais e sensatos", aplicando a lexislación vixente e corrixindo "interpretacións restritivas e unha filosofía sempre lesiva para os negocios".
 

OPOSICIÓN

Deste xeito, súmanse ás declaracións da oposición, que consideran "acertadas", posto que apuntan que "recollen unha criminalización do sector en base a un estado de alarma creado para xustificar actuacións que non se corresponden co obxectivo que din buscar".

Segundo declarou este xoves o portavoz do #PP local, Borja Verea, esta instrución crea "un clima de hostilidade e desconfianza" cara ao sector e acusou aos nacionalistas de "pór na diana a todos os restaurantes, bares e cafetarías como presuntos delincuentes" que "requiren unha vixilancia especial".

Tras estas palabras, o concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, sinalou que resulta "sorprendente" que Verea "cuestione unha instrución elaborada por técnicos do servizo de licenzas e disciplina, que ten por obxectivo exclusivamente verificar o cumprimento das normativas autonómica e estatal en materia de seguridade e de prevención de incendios".

"Gustaríanos que Borja Verea aclare si o que está a pedir é que este goberno prohiba aos funcionarios facer o seu traballo e velar polo cumprimento das condicións de seguridade", explicou.

 

CRÍTICAS A URBANISMO

Os hostaleiros consideran que as declaracións do concelleiro de Urbanismo son "desafortunadas" e "non contribúen a crear o clima propicio para unha solución axeitada".

 

Parece que non leu a Instrución e que descoñece a situación do sector. O concelleiro de Urbanismo ten que deixar de alimentar artificialmente o alarmismo social e pór solución ao colapso de licenzas que acumula o Departamento", reprochan.

Agora, as tres asociacións compostelás de maneira unificada, ademais de reclamar a "inmediata" convocatoria da mesa sectorial, solicitarán unha reunión coas catro forzas políticas que forman parte da corporación municipal.

 

ASEMBLEA

Na asemblea levada a cabo coa presenza de, aseguran, un centenar de asistentes das tres organizacións, concluíron que "a hostalaría da capital galega é un exemplo a seguir", cun sector "altamente profesionalizado, de gran calidade, con gran prestixio, respectuoso co conxunto dos veciños". 

 

Consideran ademais que a hostalaría é un dos grandes motores económicos de Santiago e "unha peza crave no #PIB" da cidade.

 

É por iso que han considera que por parte de Urbanismo é necesario un "cambio de rumbo" e pediron a suspensión da instrución 2/2023 mentres non se resolvan as súas respectivas alegacións.

 

Solicitaron tamén poder reunir con Lestegás e coa alcaldesa Goretti Sanmartín no prazo máximo de usa semana, como se acordou, aseguran, na Mesa sectorial do pasado 2 de novembro.

 

"Estamos convencidos de que as nosas demandas son compartidas pola inmensa maioría dos habitantes e visitantes, que gozan dos nosos servizos nos centenares de locais presentes na totalidade dos barrios e rúas, e que consideran imprescindible manter a esencia da nosa identidade de cidade dinámica e viva", sentenciaron na acta da súa reunión o pasado martes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE