Aparcar o coche no HULA "durante 53 anos" case lle custa 78.000 euros a unha condutora

Máis de medio século de cobro indicoulle o parquimetro a esta condutora que, segundo a máquina, deixara estacionado o seu vehículo no hospital desde o 1 de xaneiro de 1970. Faltaban máis de 40 anos para a inauguración do hospital. 

 

 


|

Parquimetro
Foto: EP

 

Unha veciña de Lugo constatou que a Intelixencia Artificial ten moito de artificial, pero o de intelixencia ás veces é un termo que queda grande. Un caso novelesco e un susto para o peto dunha condutora que, despois de estacionar o seu vehículo, atopouse con que o parquimetro computáralle no seu tíquet un pago de 77.956 euros. Case 78.000 euros de factura por estacionar o seu coche durante 53 anos no parking público do Hospital Universitario Lucus Augusti

 

Desde o 1 de xaneiro de 1970 até maio de 2023, tal e como bota as contas O Progreso, que se fai eco deste relato. Máis de medio século de aparcadoiro a pagar. Non hai moedas suficientes para metelas na maquinita de cobro

 

Evidentemente, todo debíase a un erro informático porque, en 1970, aquilo era campo e non existía a tecnoloxía coa que hoxe funcionan estas máquinas. Ou se cadra non, pero desde logo non era o HULA, un hospital que non se proxectou até finais dos 90 e que non se inaugurou até ben entrada a segunda década do século XXI.


A afectada só estacionara durante apenas unha hora para acudir a unha consulta, pero a máquina xogoulle unha moi mala pasada. Case 19.500 días de aparcadoiro ficticio que se saldaron co módico pago de 0,70 euros. Un desembolso sensiblemente menor ao prezo 100.000 veces máis alto que demandaba o aparello. Moitos ceros por aparcar o coche.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE