O SERGAS nomea a Alberto Pedrera director do distrito sanitario de Valdeorras e Roberto Devesa xefe de AP de Vigo
O DOG publica a designación de tres xefes de Atención Primaria na área de Santiago: Padrón, Lousame e Arzúa
O DOG deste 29 de marzo publica a designación de tres xefes de Atención Primaria na área de Santiago: Padrón, Lousame e Arzúa.
Ao tempo, convoca para a posterior cobertura por libre designación de dúas prazas de xefe de Atención Primaria en Melide e en Rianxo.

O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou este mércores varios nomeamentos por libe designación no Servizo Galego de Saúde (#Sergas). Entre eles, o de Alberto Pedrera Fidalgo como novo director do distrito sanitario do Barco de Valdeorras (Ourense) e o de Roberto Devesa González como xefe de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo.
Ambos substituirán ás anteriores responsables destas áreas, Margarita Rodríguez (Valdeorras) e Reyes Díaz (Vigo), que renunciaran o pasado mes de febreiro tras anos no cargo.
Por mor destas dimisións, iniciáronse senllas convocatorias públicas para cubrir os postos e este mércores publicáronse as respectivas ordes asinadas polo conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña.
Así mesmo, o DOG recolle o nomeamento, por libre designación, de Álvaro Mena de Cea como novo subdirector de Hospitalización e Urxencias da área sanitaria da Coruña-Cee.
Noutra orde de cousas, o Diario Oficial de Galicia tamén publicou tres nomeamentos de xefes de unidades de Atención Primaria na área sanitaria de Santiago-Barbanza. En concreto, en Lousame (José Rubén Blanco), Arzúa (Sonia Arias) e Padrón (José Luís López).
Tamén convoca para a posterior cobertura por libre designación de dúas prazas de xefe de Atención Primaria en Melide e en Rianxo.
Escribe o teu comentario