Unanimidade para a folga do transporte de pasaxeiros o 31 de marzo, con piquetes nas sete cidades

Os sindicatos acusan á patronal de non respectar o convenio e bloquear as negociacións e á Xunta de permitir esta situación do sector. 


|

Manifestación convocada por CIG, UGT y CCOO por la negociación del convenio del transporte de viajeros por carretera en la provincia de A Coruña
Manifestación convocada por CIG, UXT e CCOO pola negociación do convenio do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

 

Non houbo sorpresas. As asembleas convocadas por CIG , CC.OO. e #UXT para debater se debían ir ou non á folga no sector do transporte de viaxeiros por estrada consumáronse cun rotundo si e fixando as mobilizacións para este 31 de marzo. Os motivos son moitos, entre eles as demandas da mellora das súas condicións laborais e as súas retribucións cos catro convenios provinciais paralizados e sen avances nas negociacións, salvo na de Lugo, onde nin sequera se abriu o diálogo entre as partes.. 
 

A xornada do 31 de marzo estará marcada polos piquetes informativos e polas mobilizacións nas estacións de autobuses das sete cidades, que arrincarán ás 11 horas salvo no caso de Pontevedra, que terá horario de tarde co seu inicio ás 18 horas. 

 

“Esta folga será a continuación das manifestacións previas realizadas polo persoal do sector na Coruña e en Santiago de Compostela e, de non producir avances, as centrais sindicais CIG, CC.OO, e UXT xa advirten que á volta de Semana Santa as mobilizacións se intensificarán”, advirten os organismos sindicais.


A Xunta "RESPONSABLE"

A folga non pilla a ninguén por sorpresa. Nunha conversación con Galiciapress , desde a Asociación Empresarial de Viaxeiros por Estrada de Galicia (Galibus) xa advertía que a folga era inevitable no escenario actual. O expediente aberto por Competencia contra Monbus e Alsa non fai máis que enturbar unhas augas xa de seu revoltas nun sector en pé de guerra entre os peixes pequenos e os xigantes que monopolizan o sector. 

 

 

Nesta liña, dirixen os dardos non só á patronal e aos incumprimentos dos convenios, senón tamén á Xunta de Galicia, á que consideran complice desta situación e responsable de “permanecer cegas e xordas ante os problemas do sector”. “Nin sequera responderon ás múltiples denuncias realizadas”, reprochan ás Consellerías de Infraestruturas e Mobilidade e á carteira de Educación. 
 

“A Xunta de Galicia, no seu momento, sacou uns contratos infradotados economicamente, e a pesar disto a patronal presentouse mesmo con rebaixas de até o 30% sobre o prezo de saída, coa idea de que poderían obter beneficios a conta de explotar ás traballadoras e traballadores, precarizar as condicións laborais e deteriorar a prestación do servizo até límites insospeitados. Basta con comprobar como día si e día tamén as persoas usuarias quéixanse polos atrasos nos horarios, as deficiencias do servizo ou mesmo porque o autobús programado non pasa pola parada”, reprochan. 
 

“CONTRATOS DE MEDIA HORA”

Por outra banda, os sindicatos denuncian que a precarización que sofren os traballadores non alcanza só aos choferes, senón que hai outros postos, como o dos acompañantes, un gremio que creceu moito nos últimos anos, que tamén demanda melloras. Trátase dun grupo tremendamente feminizado e que padece “unhas condicións de precariedade absoluta, tendo que aguantar contratos de até media hora ou unha hora e incumprimentos salariais continuos”.

 

“Ás nefastas condicións do persoal isto engádeselle o estado lamentable da flota de autobuses, con vehículos moi vellos que sofren avarías constantes que pon en risco a seguridade no transporte”, critican. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE