Vithas Vigo consolídase como referencia oftalmolóxica no noroeste peninsular ao incorporar a Clínica Cadarso

Vithas continúa a expansión da súa rede asistencial coa incorporación dun hospital en Estepona, senllos centros oftalmolóxicos en Madrid e Vigo, e un centro médico de especialidades en Garraf (Vilanova i a Geltrú, Barcelona).

 


 


|

Desde Vithas sinalan que a incorporación en Vigo da clínica situaada na Rúa Fernnado Conde reforza a súa oferta na comunidade galega e como referencia tamén da veciña Portugal. 

 

As instalacións de Vigo, con catro consultas, dous quirófanos e servizo de urxencias oftalmolóxicas, súmanse ás outras incorporacións que fixo o grupo en Estepona, Madrid ou Vilanova i a Geltrú. 

 

2303169 Exterior Vithas Clu00ednica Cadarso
Foto: Vithas

 

Vithas continúa a expansión da súa rede asistencial coa incorporación dun hospital en Estepona , senllos centros oftalmolóxicos en Madrid e Vigo, e un centro médico de especialidades en Garraf (Vilanova i a Geltrú, Barcelona).

Deste xeito, sinalan, "Vithas continúa a súa estratexia de crecemento sólido, de maneira orgánica ou mediante adquisicións, até alcanzar os 20 hospitais e 36 centros médicos e asistenciais que hoxe conforman o grupo en España".

Ademais, está en marcha a construción de dous novos hospitais, un na cidade de Valencia (Vithas Valencia Turia), e outro no Baix Llobregat (Vithas Barcelona Esplugues), que teñen previsto iniciar a súa actividade a principios de 2025.

Con motivo destas incorporacións, o doutor Pedro Rico, director xeral de Vithas, subliñou que "crecemos para mellorar a accesibilidade dos nosos pacientes presentes e futuros ao modelo asistencial Vithas, baseado na calidade, a seguridade, a experiencia paciente e a innovación e investigación".

Rico explicou que "tanto os novos centros médicos como o hospital de Estepona que acabamos de incorporar teñen unha longa e recoñecida traxectoria asistencial avalada pola profesionalidade dos seus médicos e demais profesionais, unha dotación tecnolóxica potente e unhas instalacións confortables, o que casa cos exixentes criterios de Vithas como compañía para toda a súa rede asistencial".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE